GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Héctor Álvarez asumiu como novo presidente de AEGU

(08/02/2013)

Héctor Álvarez asumiu como novo presidente de AEGU

Álvaro Velázquez, Montevideo - |Cronicas da Emigración -08 de Febreiro de 2013-




Héctor Álvarez, o embaixador Varela, o expresidente Espósito, o conselleiro Sánchez e o cónsul De Quesada.


A Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU) realizou o cambio de autoridades tralas eleccións para renovar a directiva que se celebraron a finais de decembro do pasado ano. O traspaso de directiva levouse a cabo no salón principal da institución cun alto número de asociados e a presenza de autoridades como o embaixador de España, Roberto Varela; o cónsul, Eduardo de Quesada; e o conselleiro comercial da Embaixada de España, Antonio Sánchez, entre outros.

En primeira instancia, o presidente saliente, Jorge Espósito, agradeceu a todos os que colaboraron coa institución durante a súa presidencia para darlle a palabra ao novo presidente, Héctor Álvarez, quen apuntou algúns aspectos da súa vida, entre eles ser o único fillo dun matrimonio de galegos que se coñeceu en Uruguai e puido con moito sacrificio realizar o seu soño de ter un fillo universitario. Pertence á asociación de empresarios desde fai sete anos, integrando as últimas dúas comisións directivas.

Tivo unha mención especial para o Fogar Español, institución coa cal "AEGU séntese comprometida e debe prestar especial atención ao Fogar, que require e xustifica o noso apoio", dixo.

Os principais cargos na nova directiva ocuparanos Jorge Espósito, como vicepresidente; César Antelo, como secretario; Diego Antelo, como prosecretario; Celestino Duarte, como tesorero; e Esteban Regueira, como contador.

Pechou a parte protocolaria o embaixador Varela, quen felicitou e desexou éxito á nova directiva e avogou por seguir traballando da mesma forma que o estivo a realizar coa directiva anterior.

AEGU vén realizando diversas actividades como conferencias, cursos, o recentemente asinado convenio coa Universidade de Santiago, a comunicación cos asociados mediante "O resumo", un boletín informativo de carácter semanal, entre outras actividades que, se augura, seguiranse realizando tanto porque a directiva que asume é unha continuidade da anterior como pola capacidade dos seus membros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas