GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O interventor do Centro Galego de Bos Aires asegura que se está equilibrando a relación entre os ingresos e os gastos do hospital

(06/02/2013)

O interventor do Centro Galego de Bos Aires asegura que se está equilibrando a relación entre os ingresos e os gastos do hospital

Ao aumentar o número de camas ocupadas, que ascende a 280

Galicia Exterior  -06 de Febreiro de 2013-


Nunha nova comunicación dirixida aos socios, o interventor do Centro Galego de Bos Aires, Carlos La Blunda, asegurou que a relación entre os ingresos e os gastos devengados do hospital da institución comezan a equilibrarse grazas ao incremento do número de camas ocupadas.

Así o asegurou na circular número 22 que acompaña o talón de pago da cota social correspondente ao mes de marzo: "Asinamos convenios con diversas obras sociais e xerenciadoras que nos permiten chegar ao mes de abril con, aproximadamente, 280 camas ocupadas".

Deste xeito, La Blunda reafirma que desde a intervención do Centro Galego por parte do Inaes (Instituto Nacional de Asociativismo e Economía Social do Goberno Arxentino) logrouse ordenar o funcionamento de todas as áreas do hospital.

En sintonía co escrito dirixido aos socios o mes anterior, o interventor volveu destacar que grazas ao funcionamento ordenado de todas as áreas do hospital e ao restablecemento da actividade coas obras sociais, "podemos afirmar, cos fundamentos que nos dá o traballo profesional e o diagnóstico institucional realizado, que o Centro Galego de Bos Aires é económica e institucionalmente viable".

Así mesmo, informou que o hospital recibiu do Inaes a donación de sete heladeras de hospital, un equipo xerador sen carga e diversos equipamentos hospitalarios cuxo valor de mercado supera os 800 mil pesos (ao redor de 135 mil euros), e que na próxima semana iniciaranse os traballos necesarios para restablecer a actividade da farmacia mutual, o que redundará, segundo as súas palabras, nun mellor servizo para o socio.

Con todo, aclara que "malia os importantísimos aportes en medios humanos e materiais recibidos do Estado Nacional a través do Inaes, as necesidades de financiamento continúan en tanto a débeda existente é moi significativa e as prioridades de mantemento e modernización do hospital son permanentes".

Nesa liña explica que, en tanto máis traballo recibe o hospital, é necesaria unha maior liquidez, xa que os pagos que reciben polos servizos prestados ás obras sociais fanse efectivas nun prazo que pode demorarse entre 60 e 90 días, "mentres que os nosos vencimentos son inelásticos".

Así, La Blunda recorda que en febreiro se cumpriu un ano desde o último aumento do valor da cota social, período no que ademais se acordou en negociacións paritarias cos traballadores un aumento do 25 por cento dos seus salarios, ao que debe engadirse o incremento dos costos en todos os rubros da actividade.

En base a estas consideracións, o interventor adiantou que a partir do mes de marzo o valor da cota social sufrirá un aumento, aínda que non se detalla o monto do mesmo. "Con esta nota cumprimos a obrigación de informar ao socio cun mes de antelación", subliña.

Finalmente, recorda que aínda segue vixente a proposta para que os socios que así o desexen paguen 12 cotas por adiantado, resaltando que quenes así o fagan veranse beneficiados co desconto dun 10 por cento sobre o monto total.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas