GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O vindeiro 6 de febreiro abrirase a exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia"

(04/02/2013)

O vindeiro 6 de febreiro abrirase a exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia"

  • Realizada polo Consello da Cultura Galega, conta coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
  • Estará aberta ao público do 6 de febreiro ao 28 de xuño no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 31 de xanerio de 2013.

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos e galegas. Moi logo prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas de aqueles e aquelas que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.

Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos e as nosas emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos e polas emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que agora se vai presentar.

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia das e dos emigrantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas