GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Galego de Barcelona depositou a súa Medalla de Ouro no Museo do Pobo Galego

(01/02/2013)

O Centro Galego de Barcelona depositou a súa Medalla de Ouro no Museo do Pobo Galego

Redacción, Santiago - Crónicas de la Emigración- 01 Febreiro 2013 -

Justo Beramendi -ya con la Medalla de Oro en sus manos- saluda a Carrete, en presencia de Vázquez y Rodríguez Miranda.
Xusto Beramendi -xa coa Medalla de Ouro nas súas mans- saúda a Carrete, en presenza de Vázquez e Rodríguez Miranda.

O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiron o acto de depósito da Medalla de Ouro ao Mérito Cívico do Centro Galego de Barcelona ao Museo do Pobo Galego. Unha distinción outorgada en datas recentes polo Concello da Cidade Condal polo conxunto da traxectoria do Centro Galego de Barcelona durante os seus 120 anos de historia. O acto tivo como protagonistas ao presidente do Centro Galego, Manoel Carrete, e ao presidente do Patronato do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi.

Na súa intervención, Xesús Vázquez fixo fincapé na importancia do Centro Galego de Barcelona como aglutinante dunha comunidade galega activa e dinámica que axudou tanto á construción social, económica e política de Barcelona, como a crear pontes entre Cataluña e Galicia, dando a coñecer mellor e prestixiando nosa terra na comunidade catalá. De feito, na concesión da propia medalla valorouse o papel representativo do Centro "tanto de Galicia como da propia Cataluña", fóra do territorio destas comunidades, contribuíndo ao mesmo tempo a fortalecer os lazos entre ambas.

Sobre o simbolismo do acto, o conselleiro expresou que "a entrega ao Museo do Pobo Galego desta medalla ao Mérito Cívico reforza os vínculos desta galeguidade da que nos sentimos orgullosos."

Constituído en 1892, o Centro Galego de Barcelona traballa pola proxección da cultura e a identidade galega fora da nosa terra, desenvolvendo unha ampla programación sociocultural e formativa. Esta institución comezou en marzo do pasado ano as actividades de conmemoración dos seus 120 anos de vida e a recepción desta Medalla de Ouro ao Mérito Cívico supuxo o mellor broche ao ciclo de actividades conmemorativas. "Queda o galardón a bo amparo" dixo o conselleiro, "e servirá para que os visitantes deste Museo do Pobo teñan unha visión mellor da galeguidade no seu conxunto".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas