GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta impulsa unha lei que fomenta a fusión dos centros galegos no exterior

(31/01/2013)

A Xunta impulsa unha lei que fomenta a fusión dos centros galegos no exterior

Feijoo quere reorientar algúns colectivos de emigrantes para que operen como lobbys que favorezan as exportacións da comunidade

Autor:
M. Cheda
Localidade:
Santiago de Compostela
Data

Con meses de atraso respecto das previsións iniciais, o Consello da Xunta deu luz verde hoxe ao anteproxecto de Lei de Galeguidade. O texto, segundo Alberto Núñez Feijoo, fomenta a «unión, fusión e cooperación» dos centros galegos no exterior. Ademais, aposta por converter algúns deles en especies de axencias que favorezan as exportacións da comunidade nos seus respectivos ámbitos de influencia.

En comparecencia de prensa tras a reunión ordinaria semanal do Executivo autónomo, o seu xefe avanzou que grazas á futura norma, se prospera tal cal no Parlamento, «calquera galego [residente non estranxeiro] terá unha relación estreita con Galicia a través das novas tecnoloxías». Garantirá tamén a «preservación do patrimonio material e inmaterial» das referidas asociacións.

«Sen dúbida, pensamos que o camiño para a supervivencia dos centros galegos pasa pola cooperación, pola fusión e pola unión de moitos deles», argumentou Feijoo no seu defensa do borrador legal. Así mesmo, brandiu a necesidade de «reforzar a orientación económica» de varias desas entidades, de modo que se constitúan en «plataformas de contacto, de lobby, de permanente proxección económica de Galicia».

Consultado acerca de cal dos centos de centros cre el que encaixan nese novo rol, o presidente eludiu citalos todos. No entanto, deu a entender que o seu Goberno ten en mente incluír aí aos de Buenos Aires, Caracas, México DF, Sao Paulo e Salvador de Baía.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas