GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

2012 pechou con 6.553 novos traballadores autónomos estranxeiros

(28/01/2013)

2012 pechou con 6.553 novos traballadores autónomos estranxeiros

VENRES, 25 XANEIRO 2013

ComercioO pasado ano concluíu cun balance total de +6.553 traballadores autónomos estranxeiros. Segundo a Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores (UATAE), o 89,90% das novas altas protagonízanas os estranxeiros extracomunitarios.
Os traballadores autónomos chineses son os que maior emprendimiento demostran, cun incremento do 8%. Así con 3.177 novas altas aglutinan o 48,48% do total do crecemento.

Marrocos e Romanía seguen a China cunha participación do 10,70% e o 10,40% respectivamente. O 30% restante repártese entre o resto de países, sendo destacable os 291 novos autónomos de orixe italiana, que supoñen o 4,44% do total de novas altas.

Para María José Landaburu, secretaria xeral da Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores, UATAE, a clave dos autónomos chineses é ofrecer produtos e servizos low cost e encontrar facilidades en acceso ao financiamento.

Non obstante, Landaburu recorda que son moitos os que emprenden como única alternativa ao desemprego, que ataca aos sectores de poboación máis desfavorecidos, polo que considera que se debe promover o autoemprego de forma responsable, dotando aos emprendedores das ferramentas necesarias como a formación, o financiamento e o apoio para que as súas actividades perduren no tempo. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas