GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

'Excesivas' restricións para que os inmigrantes accedan ao emprego

(28/01/2013)

'Excesivas' restricións para que os inmigrantes accedan ao emprego

VENRES, 25 XANEIRO 2013

FormaciónAs 'excesivas restricións' que impón España aos estranxeiros no acceso ao traballo supón un incumprimento da Carta Social Europea, segundo sinala o informe de conclusións 2012 do Comité Europeo de Dereitos Sociais sobre España.

O documento cuestiona que as numerosas limitacións que se impón aos inmigrantes no acceso ao servizo público de emprego vulnera os artigos relacionados co dereito ao traballo e a protexer de xeito eficaz o dereito do traballador a gañarse a vida mediante un traballo libremente elixido. Tamén o que ordena establecer ou manter servizos gratuítos de emprego para todos os traballadores.

O informe tamén sinala que non hai igualdade na asistencia financeira para cidadáns que traballan regularmente en España e para os doutros estados membros da Unión Europea para o dereito á formación profesional.

Outros cuestionamentos teñen relación co obxectivo de obter e manter un nivel máis elevado e estable de emprego e con asegurar a formación técnica e profesional de todas as persoas, incluídos os minusválidos, entre outros.


Con este documento, o Comité Europeo de Dereitos Sociais formado por expertos independentes avalía anualmente o cumprimento da Carta Social Europea por parte dos Estados, que España ratificou o 6 de maio de 1980 en Estrasburgo.
www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas