GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia caeron un 6% en 2012

(25/01/2013)

Os afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia caeron un 6% en 2012

En toda España, a Seguridade Social perdeu 93.071 cotizantes estranxeiros, un 5,3% en relación ao ano anterior

EUROPA PRESS. 24.01.2013

A Seguridade Social perdeu 2.099 afiliados estranxeiros en 2012 en Galicia, o que supón un retroceso do 6,04% no último ano, ata situarse nun total de 32.660 cotizantes, de acordo cos datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


Los afiliados extranjeros a la Seguridad Social en Galicia cayeron un 6% en 2012


En toda España, a Seguridade Social perdeu 93.071 cotizantes estranxeiros en 2012, un 5,3% en relación ao ano anterior, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.645.851 ocupados.

En decembro do ano pasado, un total de 17.823 inmigrantes déronse de baixa no sistema (-1,07%), co que a afiliación de estranxeiros acumulou a súa quinta caída mensual consecutiva tralos descensos de agosto, setembro, outubro e novembro (-16.517, -19.579, -26.961 e -38.201 cotizantes, respectivamente).

Por provincias, a que máis afiliados estranxeiros perdeu en todo 2011 foi Pontevedra, con 1.045 persoas menos (unha caída do 8,28%); seguida da Coruña, cunha perda de 471 cotizantes estranxeiros (unha baixada do 3,77%); Lugo, que perdeu 407 (unha disminución do 7,80%), e Ourense, que viu reducirse a cifra en 177 persoas, o que supón unha caída do 3,99%.

Deste xeito, a Comunidade galega rexistraba, ao finalizar o ano pasado, 19.986 afiliados estranxeiros no Réxime Xeral; mentres que eran 5.067 no de Autónomos; 1.270 no Agrario; 1.444 no dos traballadores do Mar; e 5.884 no de empregados do fogar. Do total, 17.645 persoas son homes e 15.015 son mulleres.

Por procedencia, un total de 12.900 estranxeiros son orixinarios de países da Unión Europea e, entre as provincias, a de Pontevedra é a que acolle a un maior número de afiliados desta orixe, con 5.024; fronte aos 3.773 da Coruña; os 2.260 de Ourense e os 1.844 de Lugo.

Así mesmo, estaban dados de alta en decembro 19.760 estranxeiros procedentes de países non pertencentes á UE. Deles, 8.243 están na provincia da Coruña; 6.560 na de Pontevedra; 2.966 na de Lugo e 1.991 na de Ourense.

Deste xeito, Galicia sitúase como unha das comunidades con menor presencia de estranxeiros dados de alta na Seguridade Social e acumula o 1,98% do total de España, por diante de Navarra, Extremadura, A Rioxa, Asturias, Cantabria e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

SECTORES

Por sectores, no que os estranxeiros son máis numerosos é o da hostelería, con 4.760 afiliados no Réxime Xeral e 1.096 no de Autónomos. No comercio, reparación de vehículos de motor e bicicletas están empregados 3.027, ademais de 1.796 que son autónomos. Tamén destaca a construción, con 2.456 afiliados no Réxime Xeral e 496 autónomos; e os empregados do Fogar, con 4.884 persoas dadas de alta.

Por procedencia, os máis numerosos de entre os que veñen de países da UE seguen sendo os portugueses (5.813), os rumanos (1.982) e os italianos (708). Entre os países de fóra da UE, Colombia aporta 2.081 traballadores; Brasil, 1.840; República Dominicana, 1.242; e Perú 1.232.


Datos de españa

En toda España, a Seguridade Social perdeu 93.071 cotizantes estranxeiros en 2012, un 5,3% en relación ao ano anterior, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.645.851 ocupados.

Do total de inmigrantes en alta ao finalizar o exercicio pasado, 1.426.191 cotizaba ao Réxime Xeral, 215.065 ao de Autónomos, 362 ao do Fogar, 3.764 ao do Mar e 470 ao do Carbón.

Segundo Emprego, estes datos constatan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores de que a perda de emprego está afectando con maior intensidade aos traballadores estranxeiros que aos nacionais, xa que a afiliación total do sistema baixou en 2012 un 4,57%, fronte ao -5,35% entre os estranxeiros.

Todos os réximes perderon afiliados estranxeiros o pasado mes de decembro, principalmente o extinguido Réxime do Fogar (-22,6%). Seguíronlle o Réxime do Mar (-19,06%), o do Carbón (-4,5%), o Xeral (-1,1%) e o de autónomos (-0,28%).

Dentro do Réxime Xeral, un total de 216.292 estranxeiros, o 15,17%, traballaba na hostelería, mentres que o 12,7% facíao no comercio (181.395 afiliados), e case o 7,52% nas actividades administrativas e servizos auxiliares (107.228 cotizantes).

Así mesmo, e dentro deste réxime, 229.223 estranxeiros encadrábanse no sistema especial agrario e 225.159, no do fogar.


Cataluña e madrid concentran o 43,5%

Dos estranxeiros.

Por comunidades autónomas, Cataluña e Madrid seguiron concentrando algo máis de catro de cada dez estranxeiros afiliados á Seguridade Social en decembro pasado, ao sumar entre ambas o 43,5% do total de inmigrantes ocupados. En concreto, Cataluña contaba con 360.937 estranxeiros cotizantes, mentres que en Madrid a cifra era de 355.581.

Tras estas dúas rexións situáronse Andalucía, con 209.116 afiliados estranxeiros; Comunidade Valenciana, con 182.813 ocupados; Canarias, con 78.697; Murcia, con 78.306; Castela-A Mancha, con 58.314; Aragón, con 54.656; Baleares, con 52.845; Castela e León, con 51.014, e País Vasco, con 50.315.

As comunidades con menor presencia de inmigrantes en alta á Seguridade Social ao finalizar 2012 foron Galicia, con 32.660 estranxeiros; Navarra, con 23.195; Asturias, con 13.840; Extremadura, con 13.225; A Rioxa, con 13.175; Cantabria, con 10.859, e as cidades autónomas de Melilla, con 4.018, e Ceuta, con 2.645.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas