(25/01/2013)
A Seguridade Social perde máis dun 5% de cotizantes estranxeiros en 2012
XOVES, 24 XANEIRO 2013
2012 pechouse como un ano negro para a afiliación de traballadores estranxeiros á Seguridade Social, coa perda de 93.071 cotizantes inmigrantes, un 5,3% menos respecto do ano anterior. A cifra supera a media do sistema, que experimentou unha redución do 4,57%.
En total, o ano pasado pechouse con 1.645.851 inmigrantes dados de alta. Segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, en decembro de 2012 produciuse a quinta caída consecutiva na afiliación de estranxeiros porque se deron de baixa do sistema 17.823 cotizantes foráneos (-1,07%), unha tendencia que se mantivo desde agosto.
Ao finalizar o pasado exercicio, un total de 1.426.191 inmigrantes cotizaba ao Réxime Xeral, 215.065 ao de Autónomos, 362 ao do Fogar, 3.764 ao do Mar e 470 ao do Carbón. Todos os réximes experimentaron caídas en decembro, sendo a máis aguda a que se produciu no Réxime do Fogar (-22,6%). A menor redución rexistrouse entre os traballadores autónomos (-0,28%).
Por sectores dentro do Réxime Xeral, un total de 216.292 estranxeiros (15,17%) traballaba na hostelería, 181.395 afiliados facíano no comercio (12,7%), mentres que 107.228 cotizantes estaban nas actividades administrativas e auxiliares (7,52%). Dentro do réxime xeral, 229.223 estranxeiros encadrábanse no sistema especial agrario e 225.159, no do fogar. www.redinmigrante.es
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas