GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Hai diferenzas no consumo de fogares inmigrantes e españois?

(23/01/2013)

Hai diferenzas no consumo de fogares inmigrantes e españois?

MARTES, 22 XANEIRO 2013

ConsumoTodos os fogares axustáronse o cinto por mor da crise pero hai diferenzas. Mentres o gasto nos fogares cuxo sustentador principal é de nacionalidade española a redución do gasto foi do 6,8% entre 2008 e 2011, o gasto medio por fogar estranxeiro descendeu un 15,03%. Con todo, o consumo de familias e persoas estranxeiras segue tendo peso.

O gasto que xeran as familias estranxeiras supón un 9% do total, unha cifra importante si se ten en conta que o sector consumo supón máis do 50% do PIB español. Así o afirma o Strategic Research Center de EAE Business School no seu estudo 'As condicións de vida dos fogares inmigrantes en España 2012, unha análise'.

O informe destaca que os fogares cuxo sustentador principal é estranxeiro axustaron os seus orzamentos dun xeito máis severo, de modo que unha familia inmigrante gastou en 2011 un 23% menos que unha familia española, mentres que esta diferenza en 2008 era do 15,42%.

No entanto, a caída do consumo das familias inmigrantes foi do 1,62% en 2012, algo menor o das familias de orixe española, cuxo consumo descendeu nun 2,19%.

O informe sinala que hai algunhas diferenzas no investimento que cada familia realiza segundo a súa orixe. Nos fogares españois, as partidas de gasto que máis creceron entre 2009 e 2011 foron as de Servizos hospitalarios, Electricidade, gas e outros combustibles, Educación infantil e primaria, Educación superior e Outros servizos relacionados coa vivenda.

No caso de fogares inmigrantes, as partidas de gasto que mostran un maior crecemento son a Educación infantil e primaria, Educación secundaria xeral, Servizos recreativos e culturais, Outros bens duradeiros importantes para o lecer e a cultura, e Electricidade, gas e outros combustibles.

En canto ao gasto por persoa, os estranxeiros experimentaron un maior axuste presupuestario, cun descenso medio persoal do 11,06% entre 2008 e 2011, fronte ao axuste do 4,59% dos españois. A diferenza entre ambos datos é do 27%.

O estudo destaca así mesmo que as porcentaxes que se destinan ás catro partidas de gasto de maior relevancia son moi similares e case a metade do orzamento (46% de media) destínase a vivenda e alimentación. Outras partidas relevantes son transportes e o gasto en hoteis, cafés e restaurantes.

Analizando as diferentes partidas de gasto, as máis relevantes para as familias inmigrantes son alugueres, produtos alimenticios, comidas e bebidas fóra de casa, uso de vehículos persoais e artigos de vestir. Este ranking mantense para as familias de nacionalidade española.www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas