GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Neira Vilas, socio de honor de Fillos da Estrada

(22/01/2013)

Neira Vilas, socio de honor de Fillos da Estrada

A asociación galega na Habana reuniuse o domingo

Autor:
Rocío ramos
Localidade:
A estrada / a voz
Data
22/1/2013

A Sociedade Fillos do Concello da Estrada da Habana outorgou o título de socio de honor ao escritor cruceño Xosé Neira Vilas pola obra desenvolvida ata agora e tamén, apuntan, pola desenvolvida en Cuba ao longo de máis de trinta anos. A el débese, destacan, a creación da sección galega no Instituto de Literatura e Lingüística e onde «grazas á súa inxente labor foron rescatados para a posteridade os fondos bibliográficos máis importantes do continente americano sobre a emigración galega».

A xunta xeral, reunida o domingo, concedeu os títulos honoríficos de presidente de honor a José Antonio Villanueva Sedes ex presidente de Fillos da Estrada e posuidor do seu título de mérito e a Jesús Barros López, neste caso a título póstumo. Jesús Barros ostentaba a Medalla de bronce de Galicia que lle foi concedida no ano 2000, o de Presidente de Honor da Federación de Sociedades Españolas de Cuba, a de tesorero de Mérito de Fillos da Estrada, ademais de innumerables diplomas de honor e mérito e de constancia por parte de máis de vinte sociedades españolas. O pasado ano a Federación de Sociedades Españolas de Cuba outorgoulle tamén con carácter póstumo o recoñecemento Miguel de Cervantes.

Na primeira xunta xeral de asociados do ano a Sociedade estradense en Cuba aprobou o orzamento para este ano e o balance de actividades do ano anterior que sumou un total de 23 iniciativas. Aprobouse o plan de traballo e a realización de trece actividades. Entre elas a celebración dunha xornada das Letras Galegas en mayo que estará dedicada ao profesor do IES García Barros da Estrada, Carlos Loureiro Rodríguez e ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

A sociedade outorgou o título de mérito polo seu traballo na entidade a Antonio Torres Pérez, Aldo Hernández Monzón, Roberto Rodríguez Señarís, Nelly López Bellver, José A. Espiñenta Santana e Luciana M. Martínez Alarcón. Os títulos de honor e de mérito serán entregados nas festas de San Paio en xuño.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas