GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia alcanza o maior número de persoas estranxeiras da súa historia, con 112.000

(21/01/2013)

Galicia alcanza o maior número de persoas estranxeiras da súa historia, con 112.000

  • A comunidade galega é unha das poucas onde o número de persoas de procedencia foránea segue aumentando xusto cando o resto do Estado rexistra unha notable fuga de inmigrantes.
Galicia alcanza o maior número de persoas estranxeiras da súa historia, con 112.000
Galicia alcanza o maior número de persoas estranxeiras da súa historia, con 112.000
A Coruña, 17 de xanerio de 2013.

A evolución demográfica de Galicia apenas segue a pauta da do resto do Estado. Ademais de comezar a caer en volume de residentes no 2011 cando aínda o conxunto de España seguía crecendo, a comunidade galega é agora unha das poucas onde o número de estranxeiros e estranxeiras segue aumentando xusto cando o resto do Estado rexistra unha notable fuga de inmigrantes.

Mentres a poboación procedente do estranxeiro baixou en España no último ano en 15.229 persoas, Galicia rexistra unha suba de 1.715, segundo as cifras do padrón actualizadas onte polo INE. A comunidade foránea ascende así en Galicia a 112.183 integrantes, cando hai dez anos tan só se cifraba en 53.808.

Parte do devandito repunte explícase polo desprazamento de persoas estranxeiras que habitaba noutras comunidades e que busca no noroeste peninsular oportunidades ante unha menor presenza de inmigración, pero sobre todo polo efecto chamada que familias asentadas en Galicia xeran nos seus países de orixe. Ademais do habitual repunte de cidadás e cidadáns portugueses, que ascenden no conxunto das catro provincias a 21.024 (crece en 667 persoas), destaca sobre todo a chegada de persoas romanesas, colonia que se consolida como a terceira en número en Galicia, con 8.690 residentes, tras crecer no último ano en 902. O continxente de brasileiros e brasileiras baixa en cambio e queda en 10.374, mentres que o de orixe marroquí, dominicano e chinés ascende por enriba do resto das nacionalidades.

A poboación estranxeira, o único colectivo que a curto prazo pode minorar a caída de poboación de Galicia (no último ano o censo total da comunidade perdeu 13.933 residentes) representa agora o 4,03% da poboación, un 0,08 máis que hai un ano, pero 2,08 puntos máis que hai dez.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas