GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rouco Varela: a crise golpea máis gravemente aos inmigrantes

(18/01/2013)

Rouco Varela: a crise golpea máis gravemente aos inmigrantes

XOVES, 17 XANEIRO 2013

Rouco VarelaO Cardeal Arzobispo de Madrid, Antonio María Rouco Varela, pediu nunha carta aos católicos que axuden ás familias inmigrantes. Na misiva invítaos 'a saír ao encontro, co entusiasmo e a valentía que impulsaron ás primeiras comunidades cristiás, das persoas inmigrantes e as súas familias, a quen a crise golpea máis gravemente'.

A carta publicouse con motivo da celebración o vindeiro domingo da Xornada do Emigrante e do Refuxiado baixo o lema 'Un camiñar de fe e esperanza'.

No documento, Rouco Varela insistiu en que os inmigrantes 'viñeron en procura duns medios de vida e do recoñecemento da súa dignidade de persoas, atraídos polo noso benestar e tamén porque necesitamos o seu traballo'.

Por iso, pediu que se fomente a convivencia 'baseada na fraternidade' e tamén 'na hospitalidade brindada ao inmigrante, sexa cal for a súa raza, cultura e relixión, rexeitando toda exclusión ou discriminación, respectando e promovendo os dereitos inalienables das persoas e pobos'.

Xunto con enfatizar a necesidade de manter os proxectos que axudan aos inmigrantes, especialmente aqueles que se atopan en situación irregular ou son vítimas de tráfico e explotación de persoas, tamén pediu aos estranxeiros residentes en España que se esforcen 'para que crezan neles os sentimentos de pertenencia e participación'.www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas