GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O plan de Ecuador para atraer aos seus inmigrantes de volta a casa

(18/01/2013)

O plan de Ecuador para atraer aos seus inmigrantes de volta a casa

VENRES, 18 XANEIRO 2013

AgriculturaImpulsar a produción agrícola a través de créditos estatais é a base do Plan de Terras do Executivo ecuatoriano, que ofrece terreos en Ecuador como alternativa laboral aos seus compatriotas residentes en España que queiran retornar ao país.

Co obxectivo de dar a coñecer os pormenores deste programa aos seus inmigrantes, o Ministerio de Agricultura ecuatoriano enviará un equipo de técnicos a España, que este fin de semana e a próxima semana estarán en Murcia, Cataluña e Madrid.

Os requisitos para acceder á concesión de terreos e ao financiamento público os interesados deben demostrar contar con experiencia no sector agrícola e crear cooperativas. Deste xeito, avánzase na estratexia do Executivo de Rafael Correa de fomentar o retorno produtivo ao país dos ecuatorianos que afrontan dificultades económicas en España a causa do desemprego.

O calendario de presentación do Plan Terras levará aos técnicos de Agriculta a Lleida e Murcia os días 18, 19 e 20 de xaneiro; a Madrid o 18, 19 e 21 de xaneiro; e a Barcelona, Huelva e Almería, os días 22, 23 e 24 de xaneiro.

Calcúlase que preto de 300 cidadáns ecuatorianos poderían beneficiarse do Plan Terras, aínda que en España residen preto de 400.000 compatriotas. O plan é similar ao que xa puxo en marcha o Goberno de Ecuador para fomentar o retorno de médicos ecuatorianos emigrados ao seu país.www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas