GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Igualdade consolida o programa de colaboración coas entidades especializadas na atención a mulleres inmigrantes prostituídas

(18/01/2013)

Igualdade consolida o programa de colaboración coas entidades especializadas na atención a mulleres inmigrantes prostituídas

 
 
Xoves, 17.01.2013
  • O compromiso foi anunciado onte pola titular de Igualdade na xuntanza mantida coa presidenta de Cruz Vermella, entidade que participa na iniciativa.
  • O programa, iniciado en 2010 no marco do protocolo de colaboración da Xunta coa Fiscalía Superior de Galicia, desenvólvese coa colaboración das nove entidades que traballan neste eido en Galicia.
 
 
  • A secretaria xeral da Igualdade reuniuse coa presidenta da Cruz Vermella en Galicia.
    A secretaria xeral da Igualdade reuniuse coa presidenta da Cruz Vermella en Galicia.
  •  

A Secretaría Xeral da Igualdade vai manter e consolidar este ano o programa de colaboración coas entidades especializadas na atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución ou trata con fins de explotación sexual, entre as que se atopa Cruz Vermella. Así o confirmou onte a titular do departamento, Susana López Abella, á presidenta da entidade en Galicia, Carmen Colmeiro, no transcurso da xuntanza mantida no edificio administrativo de San Lázaro, á que tamén asistiu Joaquín Varela, coordinador da entidade.

Este programa está enmarcado no protocolo de actuación institucional asinado pola Xunta de Galicia e a Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma en 2010 ao obxecto de establecer unha liña de actuación conxunta multidisciplinar dirixida a combater a trata de seres humanos con fins de explotación sexual e dar unha resposta integral e específica ás mulleres inmigrantes que exercen a prostitución en Galicia, vítimas desta problemática.

Para o desenvolvemento do mesmo, Igualdade establece anualmente convenios de colaboración con todas as ONGs e entidades especializadas que traballan en Galicia na asistencia a estas vítimas. Ademais de Cruz Vermella, participan no programa os centros Vagalume e Alumar de Cáritas de Santiago e de Ourense, o Centro O Mencer das Oblatas de Ferrol, Adoratrices de Ourense, a Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), Médicos del Mundo, a Asociación Ecos do Sur e a Asociación Faraxa.

Nos tres primeiros anos, 2010-2012, a Xunta destinou a esta liña de actuación un orzamento de 964.000 euros, unha dotación que permite ampliar os servizos que cada unha destas entidades xa presta a estas mulleres, con accións de acollemento, atención psicolóxica, formación e orientación laboral, acompañamento no proxecto persoal, atención sociosanitaria ou integración social.

Teletradución nos casos de trata de mulleres
Como acción complementaria e para mellorar a comunicación verbal coas usuarias, a Secretaría Xeral da Igualdade instalou o pasado ano un novidoso sistema de teletradución a 51 idiomas nas entidades participantes neste programa, así como nos CIMs que ata o de agora o teñen solicitado.

Esta iniciativa responde ao compromiso da Xunta de mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua, ante as novas características poboacionais derivadas da inmigración. A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por trata de mulleres ou violencia de xénero.

Programa Itíneris
Outra relevante liña de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade no ámbito da atención ás mulleres prostituídas concrétase no programa internacional Itíneris, no que participan Galicia, Portugal e Brasil co obxectivo de afrontar a trata en orixe, neste caso Brasil, e establecer actuacións coordinadas para protexer os dereitos das persoas inmigrantes no ámbito da explotación e da trata.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas