GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Fundación Galicia Europa concede cinco becas de formación en asuntos europeos en colaboración con Novacaixagalicia

(15/01/2013)

A Fundación Galicia Europa concede cinco becas de formación en asuntos europeos en colaboración con Novacaixagalicia

Redacción, Santiago - Crónicas da Emigración
15 Xaneiro 2013



A Fundación Galicia Europa publica na súa páxina web (http://fundaciongaliciaeuropa.eu/) a resolución pola que se adxudican cinco becas formativas dirixidas a licenciados universitarios para a realización de prácticas en asuntos europeos.

Estas becas, que contan cun importe de 66.010 euros, ofrécense no marco dun convenio de colaboración subscrito con Novacaixagalicia para actividades conxuntas no ámbito europeo; e demostran, un ano máis, o compromiso de ambas institucións coa formación da mocidade galega, con vistas a súa posterior inserción no mercado laboral.

Das cinco axudas catro están dirixidas á formación no seguimiento dos asuntos relacionados coas institucións comunitarias e coas súas políticas, a captación de financiamento comunitario e a xestión de proxectos europeos. Dúas prazas están destinadas na oficina de Bruxelas e as outras dúas na oficina de Santiago de Compostela.

Pola súa banda, a quinta beca está dedicada á formación en comunicación e información das políticas comunitarias, das actividades da Fundación Galicia Europa e da presenza de Galicia nos organismos europeos, e ten como destino a oficina de Bruxelas.

A convocatoria deste ano supuxo todo un éxito, chegándose a recibir 167 solicitudes, o dobre que o ano pasado, cando co mesmo número de bolsas ofertadas tan só recibíronse 83 solicitudes. Os aspirantes tiveron que pasar un proceso de selección de tres fases, cun exame tipo test, unha valoración de méritos académicos e, para rematar, unha entrevista persoal. As becas teñen unha duración de 11 meses, do 21 de xaneiro ao 21 de decembro de 2013.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas