GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O orzamento de Emigración para 2013 será de 9,2 millóns, dous menos que en 2012

(14/01/2013)

O orzamento de Emigración para 2013 será de 9,2 millóns, dous menos que en 2012

Redacción, Vigo -Crónicas da Emigración
 10 Xaneiro 2013

Valeriano Martínez, secretario xeral de la Presidencia, presentó los presupuestos de su departamento.
Valeriano Martínez, secretario xeral da Presidencia, presentou os orzamentos do seu departamento.

A Secretaría Xeral de Emigración dispoñerá en 2013 dun orzamento de 9.256.809 euros. A partida para este ano reduce en algo máis de dous millóns de euros (-19%) a cantidade destinada en 2012 a este departamento da Xunta que se ocupa, sobre todo, de atender as necesidades de carácter social e asistencial dos galegos residentes no exterior. A redución do orzamento afecta aos capítulos de gastos de persoal (-9,2%), bens correntes e servizos (-7,1%), transferencias correntes (-22,2%), investimentos reais (-65,4%) e transferencias de capital (-28,3%).



A política de axustes que impón a actual crise económica conleva unha redución, por cuarto ano consecutivo, do orzamento destinado á Secretaría Xeral de Emigración. O exercicio 2009, cunha partida económica de 20,6 millóns de euros, foi xa que logo o último en que o departamento que se ocupa dos asuntos da diáspora viu incrementar a súa cuantía con respecto ao ano anterior. Desde 2010, o orzamento reduciuse á metade ao pasar de 18,7 millóns aos 9,2 destinados para 2013.
Con menos diñeiro pero idénticas necesidades, a Secretaría Xeral de Emigración deberá atender aos tres apartados da súa competencia: manter as liñas de axuda que presta aos residentes no exterior en situación de precariedade, deseñar políticas de acollida integral para os inmigrantes e reforzar o apoio socioeconómico aos retornados.
O programa fala de desenvolver actividades de apoio aos galegos e ás comunidades galegas asentadas fóra da comunidade autónoma, para que participen da vida social e cultural de Galicia, e contribuír a mellora do seu benestar e calidade de vida.
Neste sentido, trátase de asegurar unha vida digna aos galegos residentes no exterior, principalmente en Latinoamérica, así como aos seus fillos con nacionalidade española.
Respecto de as comunidades galegas, entendidas como entidades asociativas asentadas fóra do territorio de Galicia, a Secretaría Xeral deberá prestar apoio ás actuacións que realizan nas áreas social, asistencial, formativa, cultural, informativa, de mocidade, así como en investimentos para infraestructuras nas súas sedes sociais.
No ámbito da inmigración e o retorno, a finalidade céntrase en conseguir a plena integración social de ambos colectivos na sociedade galega, fundamentalmente nos ámbitos social, laboral e educativo.
Ante estas esixencias, os capítulos que verán reducida a partida son os gastos en materia de persoal, bens correntes e servizos, transferencias correntes, investimentos reais e transferencias de capital, sendo o de investimentos reais, que inclúe as accións de sensibilización no ámbito migratorio, o que máis reducirá a cuantía (-65,4), ao pasar de 417.000 en 2012 a 145.000 en 2013. Séguelle o capítulo de transferencias de capital (apoio ás infraestructuras), que se reduce un 28,3% e para o que se destina unha cuantía de 705.000 euros.
No que se refire a transferencias correntes, a partida descende un 22,2% e a cuantía a destinar baixa de 5.731.000 a 4.459.000 euros. Neste capítulo inscríbense as accións de información e formación para o colectivo migrante, as actuacións en política migratoria, o apoio ao retorno, fomento de actuacións das comunidades galegas no exterior e accións de formación para o colectivo migrante.
Os gastos de persoal tamén experimentarán un considerable descenso (-9,2%) ao pasar dos 2.190.000 euros de 2012 a 1.988.000 en 2013.
Para rematar, os gastos en bens correntes e servizos reduciranse un 7,1% e a cuantía rebáixase de 2.212.000 a 1.961.000 euros.
O secretario xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, aclarou, na súa comparecencia do pasado mércores en comisión parlamentaria, que a Secretaría Xeral de Emigración contará con máis de 9,2 millóns de euros destinados, sobre todo, a "gastos de carácter social", de modo que se manteñen as liñas de axudas a emigrantes galegos no exterior e outras para retornados.
Tanto PSOE como AGE-IU e BNG botaron en falta políticas de atención aos emigrantes e lamentaron a redución de case un 20% dos fondos deste departamento por "un problema ideolóxico". "É unha axencia electoral á que non dan importancia ata que haxa eleccións", denunciou Yolanda Díaz, representante de AGE-IU.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas