GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As persoas inmigrantes van adaptándose á gastronomía española

(14/01/2013)

As persoas inmigrantes van adaptándose á gastronomía española

 
 
Domingo, 13.01.2013
  • Así se deixa ver no estudo "Hábitos Alimentarios de los Inmigrantes en España".

Integración

O xantar como a comida máis forte do día, os pratos tradicionais e o pan son algunhas das variantes nos hábitos alimenticios españois aos que as e os  inmigrantes parecen adaptarse sen dificultade, segundo o estudo Hábitos Alimentarios de los Inmigrantes en España. As persoas procedentes do Leste de Europa, do Magreb e de Asia son as que recoñecen maior afinidade coas nosas tradicións culinarias.

O estudo desvela, ademais, que especialmente no xantar durante os días laborais, as persoas inmigrantes adoitan consumir pratos españois, con preferencia polo arroz e a carne, dous produtos básicos da dieta en América do Sur. Isto explícase porque as persoas traballadoras comen habitualmente en bares e restaurantes durante a semana, quedando a fin de semana para a cociña tradicional elaborada na casa.

Por outra parte, o costume da inxestión de pan popularizouse especialmente entre as e os latinoamericanos, xa que o 85% consúmeo habitualmente. Produtos innovadores, como o leite con calcio, a soia enriquecida ou os zumes con leite teñen tamén grande aceptación.

O 42% das e dos inmigrantes afirma ter deixado de tomar algún alimento ou prato da súa terra porque non o atopa en España. Entre os produtos que máis botan de menos están o cus cus, entre a poboación magrebí, e os plátanos, froitas tropicais e millo, entre as e os latinoamericanos. Así mesmo, as persoas de Europa do Leste non encontran os seus variados queixos tradicionais nin os peixes, e as e os asiáticos botan de menos os seus condimentos, así como os seus múltiples peixes e verduras.

Isto representa unha oportunidade para a industria alimentaria española e unha vía para conseguir unha maior integración, así como un esforzo de adaptación aos gustos dos novos españois e españolas, que sen dúbida enriquecerá tamén aos padais autóctonos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas