GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Galego de Barcelona recibe a Medalla de Ouro ao Mérito Cívico da cidade condal

(08/01/2013)

O Centro Galego de Barcelona recibe a Medalla de Ouro ao Mérito Cívico da cidade condal

Redacción, Barcelona -Crónicas da Emigración
 08 Xaneiro 2013 -


O Concello de Barcelona entregará a Medalla de Ouro ao Mérito Cívico ao Centro Galego de Barcelona no 120º aniversario da súa constitución. Na presentación da proposta, que foi aprobada por unanimidade, o concelleiro de Presidencia, Jordí Martí, asegurou que o Centro Galego "é unha das entidades máis importantes de Barcelona e, desde os seus inicios, un exemplo de integración e de participación na vida social, cultural e artística de Barcelona".

Ademais, asegurou que ao longo destes 120 anos "non só defendeu o espírito e a cultura de Galicia, senón que foi un digno embaixador de Barcelona e Catalunya fóra, en especial en terras galegas".

Martí tamén destacou que durante a súa traxectoria, o centro axudou a fortalecer os lazos fraternais "entre dúas nacións históricas", Galicia e Cataluña.

Entre as intervencións para explicar o voto a favor da concesión da Medalla, destacou a do socialista David Escudé, que foi na súa maior parte en galego.

A entrega da Medalla será o xoves da próxima semana ás 19,00 horas no Saló de Cent do Concello de Barcelona.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas