GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A comunidade galega en Arxentina recorda a Castelao

(07/01/2013)

A comunidade galega en Arxentina recorda a Castelao

AO CUMPRIRSE O 63º ANIVERSARIO DO SEU FALECEMENTO, EN BOS AIRES

Mariana Ruiz, Bos Aires -Crónicas da Emigración
07 Xaneiro 2013

La Banda de Gaitas Dúas Beiras actuará durante el acto.
A Banda de Gaitas Dúas Beiras actuará durante o acto.

O Centro Galego de Bos Aires, o Centro Galicia de Bos Aires e a comunidade galega de Bos Aires conmemoran este luns 7 de xaneiro o 63° aniversario do falecemento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, político, escritor, debuxante, médico e pintor galego.

O acto, aberto a todo público, terá lugar ás 19 horas, no hall central do Centro Galego en Belgrano 2199.

Por outra banda, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina tamén organizou un acto na súa memoria para o vindeiro sábado 12 de xaneiro, desde as 19 horas, na praza que leva o seu nome, situada na esquina da avenida Independencia e Bernardo de Irigoyen, da Cidade Autónoma de Bos Aires.

Alí, dirixentes da colectividade galega local, encabezados polo titular da Federación, Francisco Lores Mascato, colocarán unha ofrenda floral no monumento que o recorda, se entonará o Himno Galego e recordarase a súa traxectoria actuación política, social e cultural.

Ademais, actuarán a Banda de Gaitas Duas Beiras e o músico Demián Casaubón (integrante do Club Artístico Liberdade), quen interpretará melodías que cobraron fama durante a II República Española.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas