GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Antonio Rodríguez Miranda tomou posesión como secretario xeral de Emigración

(02/01/2013)

Antonio Rodríguez Miranda tomou posesión como secretario xeral de Emigración

Redacción, Santiago -Crónicas da Emigración
 26 Decembro 2012

El presidente Feijóo felicita a Rodríguez Miranda al finalizar el acto.
O presidente Feijóo felicita a Rodríguez Miranda ao finalizar o acto.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu na mañá deste mércores, día 26, a toma de posesión de Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral de Emigración, cargo no que sucede a Santiago Camba, actualmente conselleiro de Emprego e Seguridade Social en Arxentina, e que quixo estar presente no acto para apoiar a substitución neste departamento.

Feijóo volveu agradecer a Rodríguez Miranda a sua disponibilidade e o seu compromiso para aceptar o cargo e poñerse á fronte do área de Emigración no Goberno galego. O presidente estivo acompañado no acto polo vicepresidente do Executivo, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitario, Xesús Vázquez; o presidente da Diputación de Ourense, José Manuel Baltar; e Miguel Anxo Santalices, vicepresidente primeiro do Parlamento galego.

Durante a súa intervención no acto, o presidente da Xunta volveu insistir no potencial que Galicia ten na diáspora. "Temos miles de empresarios, pequenos, medianos e grandes, que deben servir de porta de entrada de Galicia nos seus países de orixe. Temos fillos e netos de galegos que xa forman parte dos mellores executivos, dos mellores universitarios e dos mellores empresarios nestes lugares do mundo. E esta é unha oportunidade que temos que aproveitar e consolidar", asegurou Feijóo.



Antonio Rodríguez Miranda

Nacido o 15 de novembro de 1967 na Bóla, Ourense, Antonio Rodríguez Miranda está casado e é pai dunha filla. É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, especialidade en Seguridade e Hixiene Laboral, e profesor e director de Formación.

Rodríguez Miranda é presidente local do PP de Allariz, concelleiro e portavoz municipal. Foi membro da Xunta Directiva e do Comité de Dirección provincial do PP de Ourense desde 2004 ata 2010 e responsable do área de Relacións Institucionais. Forma parte do Comité Executivo do PPdeG desde o ano 2006, e desde 2009 é membro do Comité de Dirección e vicesecretario-portavoz.

Deputado no Parlamento de Galicia na VII, VIII e IX legislaturas, Antonio Rodríguez Miranda é portavoz de Presidencia e Administración Pública do Grupo Parlamentario Popular.

Membro de diferentes comisións na Cámara autonómica galega, foi portavoz na Comisión 1ª Institucional de Administración Xeral, Xustiza e Interior na VII e VIII legislaturas e membro na IX. Dentro do seu traballo no Parlamento, foi ponente de leis como a de Modificación da Función Pública de Galicia, da "Lei Omnibus" e da Lofaxga de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas