GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Antonio Rodríguez Miranda, número tres do PPdeG, novo secretario xeral de Emigración

(21/12/2012)

Antonio Rodríguez Miranda, número tres do PPdeG, novo secretario xeral de Emigración

Redacción, Vigo -Crónicas da Emigración
20 Decembro 2012

Antonio Rodríguez Miranda.
Antonio Rodríguez Miranda.

O deputado e voceiro do PPdeG no Parlamento galego, Antonio Rodríguez Miranda -número tres do partido en Galicia-, substituirá a Santiago Camba á fronte da Secretaría Xeral de Emigración, segundo o acordou na súa reunión de hoxe, xoves, o Consello da Xunta.

Rodríguez Miranda naceu en 1967 no municipio ourensano de A Bola, onde ocupou o cargo de voceiro do seu partido. En 2009 foi elixido parlamentario autonómico e nomeado voceiro do PPdeG para a VII Lexislatura, cargo que ocupa actualmente.

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, leva anos ocupándose de asuntos relacionados coa emigración. Voceiro do PP na comisión de investigación que se abriu no Parlamento galego polo controvertido asunto da axente electoral, Rodríguez Miranda pronunciouse nos últimos meses sobre aspectos de actualidade relacionados co mundo da diáspora. O pasado mes de agosto anunciou iniciativas para impulsar a ' Lei da Galeguidade' -na que traballou o departamento de Emigración na pasada lexislatura, para substituír a Lei de Recoñecemento da Galeguidade- que considerou fundamental "para recoller novas realidades froito da evolución social, económica e política de Galicia, do Estado e dos países de acollida de galegos residentes fóra" da Comunidade galega.

Así mesmo, en xuño deste ano solicitou no Parlamento galego a modificación da lei electoral para eliminar o 'voto pregado' que afastou os residentes no exterior das urnas nas convocatorias electorais celebradas en España tras a aprobación da reforma da Loreg no que ao voto emigrante se refire.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas