GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Tres novos informes sobre discriminación racial en España

(21/12/2012)

Tres novos informes sobre discriminación racial en España

VENRES, 21 DECEMBRO 2012

O Consello para a Promoción da Igualdade de Trato e Non Discriminación das Persoas presentou tres novos estudos e informes sobre a situación da discriminación por orixe racial ou étnica en España.

Trátase, por unha parte, do 'Estudo anual sobre a discriminación pola orixe racial ou étnica: a percepción das potenciais vítimas 2011', analiza que como son percibidas e vividas as situacións de discriminación dende a perspectiva das persoas máis susceptibles de ser discriminadas. Con esta nova publicación dáse continuidade ao primeiro 'Panel' sobre discriminación por orixe racial ou étnica: a percepción das potenciais vítimas', elaborado en 2010, permitindo analizar a evolución neste período da autopercepción das potenciais vítimas.

Por outra parte, publicouse a 'Memoria anual 2011 de resultados da Rede de centros de asistencia a vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico', que presenta as actividades de asistencia a vítimas de discriminación (perfil, tipos, características dos incidentes discriminatorios e actuacións realizadas pola Rede), así como as actividades de comunicación e sensibilización prestadas pola Rede de centros de asistencia a vítimas de discriminación do Consello. Igualmente expóñense as aprendizaxes clave destas actividades e realízanse recomendacións para mellorar o servizo.

Por último, tamén se presentou o 'Informe anual sobre a situación da discriminación e a aplicación do principio de igualdade de trato por orixe racial ou étnica en España 2011', que describe a evolución e estado actual da discriminación por razón da orixe racial ou étnico das persoas, presentando unha visión xeral dos avances conseguidos ao longo do ano 2011 no ámbito lexislativo, da xurisprudencia, enquisas, estudos e informes, ademais de presentar as principais actividades realizadas polo Consello e outras boas prácticas. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas