(18/12/2012)
Os estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúanse en 1.663.674 en novembro
A afiliación baixa en 38.201 persoas, o -2,24 % respecto de outubro.
18 decembro 2012
A afiliación á Seguridade Social de cidadáns estranxeiros descendeu no mes de novembro en 38.201 ocupados, o que equivale a un -2,24%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e moi por encima da do total de empregados.
A variación anual entre o colectivo rexistrou unha baixada do -5% (-87.623 fronte ao -4,16% do conxunto do Sistema. Ambos os indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego está afectando con maior intensidade aos traballadores estranxeiros que aos nacionais.
O balance xeral de novembro reflexa que do total de estranxeiros afiliados, 1.663.674, 1.042.276 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 621.398 persoas, de países comunitarios.
Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 991.520 traballadores, dato que inclúe o Sistema Especial Agrario (227.662) e o de Fogar (223.206); séguelle o de Autónomos, con 215.675; o Réxime Especial do Mar, 4.650 e o do Carbón que rexistra 492 ocupados.
Cataluña é a comunidade autónoma con maior número medio de afiliados estranxeiros, con 365.604 traballadores (21,98%), seguido da Comunidade de Madrid, con 358.898 (21,57%); Andalucía, con 207.381 (12,47%); Comunidade Valenciana, con 183.955 (11,06%); e Canarias, con 79.094 (4,75 %).
Por sexos, da cifra total de 1.663.674 afiliados, 888.549 son homes e 775.124 mulleres.
Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:
|
TOTAL XERAL |
Xeral (1) |
S.E. Agrario |
S.E. Fogar |
AUTÓNOMOS |
MAR |
CARBÓN |
FOGAR |
TOTAL |
ANDALUCÍA |
178.362 |
77.801 |
79.460 |
21.101 |
28.588 |
386 |
0 |
45 |
207.381 |
ARAGÓN |
49.125 |
35.409 |
6.253 |
7.462 |
6.270 |
0 |
96 |
16 |
55.507 |
ASTURIAS |
11.558 |
8.167 |
398 |
2.994 |
2.082 |
256 |
240 |
7 |
14.143 |
ILLES BALEARS |
42.076 |
33.011 |
1.640 |
7.425 |
13.128 |
121 |
0 |
11 |
55.336 |
CANARIAS |
62.522 |
54.916 |
3.021 |
4.585 |
16.084 |
479 |
0 |
9 |
79.094 |
CANTABRIA |
9.550 |
6.727 |
249 |
2.574 |
1.489 |
154 |
0 |
4 |
11.197 |
CASTELA-LEÓN |
46.141 |
31.726 |
6.197 |
8.219 |
5.888 |
0 |
156 |
18 |
52.203 |
CAST.-A MANCHA |
53.597 |
31.296 |
16.516 |
5.785 |
5.807 |
0 |
0 |
16 |
59.419 |
CATALUÑA |
318.887 |
260.220 |
16.605 |
42.062 |
45.872 |
740 |
0 |
105 |
365.604 |
C. VALENCIANA |
153.831 |
96.737 |
39.259 |
17.834 |
29.703 |
379 |
0 |
43 |
183.955 |
EXTREMADURA |
12.511 |
5.281 |
5.919 |
1.310 |
1.762 |
0 |
0 |
0 |
14.273 |
GALICIA |
26.893 |
20.688 |
1.322 |
4.883 |
5.094 |
1.563 |
0 |
14 |
33.564 |
C. DE MADRID |
321.816 |
249.384 |
1.912 |
70.519 |
36.891 |
46 |
0 |
145 |
358.898 |
R. DE MURCIA |
73.170 |
24.568 |
42.186 |
6.416 |
5.173 |
142 |
0 |
13 |
78.498 |
NAVARRA |
20.819 |
13.629 |
3.171 |
4.019 |
2.755 |
0 |
0 |
2 |
23.576 |
PAÍS VASCO |
43.872 |
30.749 |
1.425 |
11.698 |
6.876 |
358 |
0 |
10 |
51.116 |
A RIOXA |
11.888 |
7.779 |
2.118 |
1.991 |
1.454 |
0 |
0 |
3 |
13.346 |
CEUTA |
2.282 |
1.346 |
5 |
931 |
236 |
25 |
0 |
1 |
2.544 |
MELILLA |
3.489 |
2.085 |
7 |
1.397 |
521 |
1 |
0 |
7 |
4.018 |
TOTAL |
1.442.388 |
991.520 |
227.662 |
223.206 |
215.675 |
4.650 |
492 |
468 |
1.663.674 |
(1) No se incluen os afiliados dos Sistemas Especiais Agrario e Fogar
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas