GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes intégranse ben en Galicia

(17/12/2012)

Os inmigrantes intégranse ben en Galicia

Na comunidade escolarízanse 16.000 alumnos de máis de 80 nacionalidades

Autor:
j. gómez
Localidade:
Santiago / La Voz
Data
 

O alumnado inmigrante intégrase mellor en Galicia que noutras comunidades, e as súas nais teñen unha maior participación que os pais na vida escolar. Así conclúen estudos da Rede de Inmigración Escola e Sociedade (RIES) da USC, segundo afirma o seu director, Miguel Ángel Santos Rego. Preto de 200 persoas, entre profesionais activos e en formación, participaron nun seminario sobre atención educativa ao alumnado inmigrante, experiencia e innovación, organizado por esta rede en Santiago.

En Galicia están escolarizados sobre 16.000 estudantes procedentes de 80 nacionalidades, a maioría de Latinoamérica e Marrocos. A cifra tende a estabilizarse os dous últimos anos. A RIES interveu en 30 centros, e a partir de xaneiro centrará os seus esforzos en 8, distribuídos nas catro provincias galegas, nos que aplicará unha programa de intervención pedagóxica para avanzar na integración educativa, social e familiar deste alumnado, indica Santos Rego. As actuacións discutiranse e acordarán segundo as características de cada centro.

Este especialista sinala que unha vantaxe dos centros galegos é que non teñen tanta aglomeración de alumnado inmigrante como noutras comunidades, o que favorece a súa mellor integración. Tamén existen menos diferenzas no rendemento escolar en comparación con escolares autóctonos. A maior dificultade que enfrontan quen chegan do exterior é o dominio do idioma.

«Os últimos anos houbo unha clara aposta para a atención á diversidade cultural nos centros educativos e outras institucións. Os colexios buscaron vías de traballo e de innovación, aproveitando a lexislación vixente», sostén a profesora Mar Lorenzo, tamén integrante da rede de investigación da USC. Esta especialista insiste na necesidade de traballar co profesorado e coas familias para aproveitar as posibilidades da diversidade cultural que supón a presenza de inmigrantes. O proxecto de investigación da USC analiza as variables que inciden no rendemento escolar do alumnado inmigrante e compárano co autóctono.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas