GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración dispara o censo ata os 46,8 millóns de habitantes

(17/12/2012)

A inmigración dispara o censo ata os 46,8 millóns de habitantes
Menéame

14.12.2012 Expansión.com / 

A poboación española aumenta case 6 millóns de persoas nunha década segundo os datos facilitados polo INE.

En novembro de 2011 alcanzábanse os os 46,8 millóns de habitantes , un dato histórico que responde principalmente á chegada de inmigrantes a España neste período, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Estes datos responden ao censo de poboación elaborado durante os últimos meses de 2011 e primeiros de 2012 polo INE, unha operación que repite cada dez anos. O informe tamén proporciona, entre outra información que se irá difundindo ao longo dos próximos meses, a poboación de cada un dos municipios de España.

O INE atribúe como principal causa do incremento da poboación o "forte" incremento da poboación estranxeira. Nese período chegaron a España máis de 3,5 millóns de estranxeiros. Neste sentido, a poboación española experimentou un aumento moito menos pronunciado en termos relativos que a poboación estranxeira e pasou de pouco máis de 39 millóns de habitantes en 2001 a máis de 41,5 millóns.

O INE recorda que os motivos deste crecemento son varios, como un aumento da esperanza de vida desde o censo anterior, un incremento da taxa de natalidade (sobre todo no período 2005-2009) ou o feito de que moitos estranxeiros adquiran a nacionalidade española.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas