GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Crecen levemente as remesas que enviaron os inmigrantes en 2011

(14/12/2012)

Crecen levemente as remesas que enviaron os inmigrantes en 2011

MARTES, 11 DECEMBRO 2012

remesasEspaña é o terceiro país da Unión Europea en envío de remesas por parte dos inmigrantes. En 2011 enviáronse 7.268 millóns de euros aos seus países de orixe, tanto europeos como extracomunitarios, un 0,97% máis que a cifra rexistrada en 2010.

A pesar da súa elevada taxa de desemprego, os inmigrantes en España apértanse o cinto ao máximo para non fallar ás súas familias nos seus países de orixe. Segundo datos da oficina europea de estatísticas, Eurostat, os envíos de diñeiro desde España representan o 19% do total da UE.

E é que só Francia, con 9.661 millóns de euros (25% das remesas que se envían desde Europa) e Italia, con 7.394 millóns (19% do total) superan ao noso país, aínda que en ambos os casos experimentaron descensos respecto da cifra de 2010.

En total, os inmigrantes dos Vinte e sete enviaron aos seus países de orixe un total de 39.139 millóns de euros en 2011, o 2% máis que no ano precedente. Desta cifra, un terzo chegaron a países non membros da UE, é dicir, 28.468 millóns de euros. Este dato é un 3% superior ao contabilizado o ano anterior, mentres que os envíos entre países membros mantivéronse estables, con 10.671 millóns de euros. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas