GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mozos españois preguntan a Miras Portugal polas axudas que poden obter para instalarse noutros países

(12/12/2012)

Mozos españois preguntan a Miras Portugal polas axudas que poden obter para instalarse noutros países

M.L.C., Madrid |Crónicas de la Emigración |11Decembro 2012

Os mozos españois interésanse polas axudas que poden obter para instalarse noutros países e as condicións de retorno desde algúns deles en cuestións como prestacións por desemprego e desprazamento de capitais nun encontro dixital co director xeral de Migracións, Aurelio Miras Portugal, que tivo lugar onte, luns 10 de decembro no portal Cext (Cidadanía Exterior), no que interviñeron máis dunha vintena de persoas desde distintos países de residencia, entre eles profesores e directivos de organizacións españolas no estranxeiro e de retornados en España.

Entre outras cousas, Miras Portugal pronunciouse a favor da reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg) "xa que, nas últimas eleccións habidas tanto ao Congreso e ao Senado como aos parlamentos autonómicos de Andalucía, Asturias, Galicia, País Vasco e Cataluña a porcentaxe de votación non superou o 5%, evidenciando o fracaso da nova Lei Electoral".

Tamén anunciou que "no ano 2013, propiciaremos o contacto entre todos os hospitais españois que hai no mundo que proceden do mutualismo e a beneficencia a fin de que poidan intercambiar experiencias en beneficio dos españois no exterior".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas