GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Unión de Asociacións Galegas de Arxentina entregou as distincións muller e nova galega do ano

(05/12/2012)

A Unión de Asociacións Galegas de Arxentina entregou as distincións muller e nova galega do ano

Redacción, Bos Aires -Crónicas da Emigración
 05 Decembro 2012

Las premiadas posan con las autoridades y asistentes al acto.
As premiadas pousan coas autoridades e asistentes ao acto.

A Federación Unión Asociacións Galegas entregou, durante a celebración do seu 24º aniversario, as distincións á muller e nova galega do ano.

A distinción nova galega do ano recaeu en Nadia Silva e as de muller galega en María del Carmen Araujo Baliñas e Josefa "Finita" Silva Castro.

María del Carmen Araujo é a actual presidenta da Asociación Galega de Residentes de Vigo e ten unha longa traxectoria na colectividade, foi socia desde 1950, integrante do coro da entidade e membro da Comisión desde fai varios anos. Josefa "Finita" Silva, pola súa banda, é a actual presidenta da Asociación Española de S.M. de Porto San Julián, na provincia de Santa Cruz, quen foi proposta para esta distinción pola Asociación Santa Comba de Xallas.

Finita naceu en Fisterra e partiu cara a Arxentina cando tiña 10 anos, reclamada por unha tía que xa levara a unha irmá maior. En Porto San Julián foi directora dunha escola entre outras actividades docentes

Finita, hoxe ten 65 anos, enviudó aos 40 anos con 3 fillos e volveuse a casar co correr dos anos, e como é habitual nela, presentouse ao acto co seu vestido galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas