GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O emigrante que ofrece emprego en Venezuela atendeu 100 peticións

(05/12/2012)

O emigrante que ofrece emprego en Venezuela atendeu 100 peticións

Deu onte por finalizadas as entrevistas de traballo

Data
5/12/2012

O empresario ourensán fincado en Venezuela, Alberto Cid Souto, deu onte por finalizadas as entrevistas de traballo para acceder a un dos trinta empregos que ofrece na súa empresa agroalimentaria no país caribeño. Ao longo dos tres días que duraron as entrevistas, Cid Souto reuniuse persoalmente con cincuenta aspirantes e recolleu un total de 78 currículos. A esta cifra hai que sumar os trinta que recolleron na recepción do hotel ourensán no que realizaron as probas de selección.

Segundo confirmaron fontes do grupo agroalimentario Souto, a decisión definitiva sobre a contratación ou non dos aspirantes tomarase a partir do mes de xaneiro, unha vez que o empresario regrese a Venezuela. Segundo as mesmas fontes, entre os preto de oitenta currículos que supervisou persoalmente Cid Souto, atópanse algunhas opcións que poderían ser de interese. Tamén matizan que había propostas de xente «que busca traballo porque está desesperada pero que non ten a cualificación necesaria».

O emigrante ourensán ofrecía unha trintena de postos para persoal cualificado como xerentes, capataces ou mecánicos. Prometía cinco anos de contrato e bos soldos en Venezuela.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas