GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

OCDE: faltan melloras en emprego e formación para os inmigrantes

(04/12/2012)

OCDE: faltan melloras en emprego e formación para os inmigrantes

MARTES, 04 DECEMBRO 2012 

estudianteAínda que nos países que forman parte da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico viron que os seus fluxos migratorios incrementábanse nun 25%, non se desenvolveron medidas na área laboral e de formación para os inmigrantes.

No seu informe sobre a integración dos inmigrantes, a OCDE sinala algunhas tarefas pendientes por parte dos países de acollida fronte á inmigración. Nisto destaca a ausencia de políticas para mellorar o desenvolvemento escolar e laboral dos descendentes de inmigrantes e para facilitar a integración laboral das mulleres estranxeiras.

Ao comparar entre os países membros da OCDE, os datos son dispares. Por exemplo, en Alemaña a taxa de emprego dos inmigrantes subiu do 57 ao 64% en dez anos, mentres que en España, no mesmo período, baixou do 62 ao 57%. En Bélxica, Holanda e Suecia destaca a importante diferenza que hai na taxa de emprego entre as mulleres autóctonas e as estranxeiras.

E todo iso a pesar de que o nivel educativo dos inmigrantes creceu en 4,4 puntos nunha década, fronte ao 3,8% da poboación autóctona. Pero novamente, aparecen as diferenzas entre os distintos países da OCDE. En Finlandia, a caída do nivel formativo entre os estranxeiros foi de 8,8 puntos, mentres que en España foi de 2,5 puntos. En España, Bélxica, Austria e Francia os descendentes de inmigrantes están hiperrepresentados na categoría de persoas sen emprego nin formación.

Pero, como remediar esta situación? A OCDE considera vital que os inmigrantes reunifiquen canto antes á súa familia no seu país de acollida para que a escolarización dos seus fillos sexa precoz e para que estean máis tempo expostos á nova lingua e cultura. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas