GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As tarifas da sanidade galega para inmigrantes irregulares

(03/12/2012)

As tarifas da sanidade galega para inmigrantes irregulares

LUNS, 03 DECEMBRO 2012

SanidadOs inmigrantes irregulares que non entren no Programa de Protección Social da Xunta de Galicia deberán pagar 68,9 euros pola primeira consulta médica en Atención Primaria. As seguintes consultas terán un custo de 34,45 euros e a atención nos servizos de urxencias ascenderá a 255,59 euros. Coñece aquí todas as tarifas da sanidade galega.

Así o publicou o Diario Oficial de Galicia (DOG). No decreto 221/2012 establécense as tarifas para acceder á atención sanitaria do Servizo Galego de Saúde, que rexen non só para inmigrantes irregulares que queden fora do Programa de Protección Social galego, senón tamén para calquera persoa que non sexa beneficiaria ou asegurada do Sistema Nacional de Saúde, de acordo á reforma sanitaria impulsada desde o Goberno central.

Nas tarifas tamén se inclúe o custo que deberán abonar por consultas médicas con probas complementarias (85,56 euros na primeira visita e 43,34 nas seguintes). As intervencións cirúrxicas ambulatorias teñen un custo de 126,67 euros na Atención Primaria, mentres que a urxencia hospitalaria sen ingreso custa 359,79 euros. Tamén hai tarifas por consultas a domicilio, saúde bucodental e centros de orientación familiar.

Os inmigrantes irregulares que si poidan beneficiarse do Programa de Protección Social da Xunta non terán que pagar estes importes, pero deben cumprir unha serie de requisitos: estar empadroados un mínimo 183 días, demostrar que non contan con recursos nin en España nin no seu país de orixe e non acceder á asistencia sanitaria gratuíta por outras vías. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas