GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta de Galicia fomenta a proxección en Latinoamérica do audiovisual galego desde o mercado ‘Ventana Sur’ de Bos Aires

(30/11/2012)

A Xunta de Galicia fomenta a proxección en Latinoamérica do audiovisual galego desde o mercado ‘Ventana Sur’ de Bos Aires

 
 
Venres, 30.11.2012
  • As compañías Produtora Cinematográfica Galega, Xamalú Films, TV Siete, Formateo S.L. e Ficción Producciones establecerán contactos cara a coproducións, novos formatos de traballo e comercialización.
  • A acción forma parte do plano de internacionalización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levado a cabo en colaboración co Igape.
 
 
  • Mercado cinematográfico de referencia en Latinoamérica, Ventana Sur congrega cada ano a 1.800 profesionais. Foto: Ventana Sur.
    Mercado cinematográfico de referencia en Latinoamérica, Ventana Sur congrega cada ano a 1.800 profesionais. Foto: Ventana Sur.
  • Promovido polo Instituto Nacional de Cine Arxentino (INCAA) en colaboración co Marché du Film de Cannes e o programa MEDIA da UE
    Promovido polo Instituto Nacional de Cine Arxentino (INCAA) en colaboración co Marché du Film de Cannes e o programa MEDIA da UE

A Xunta de Galicia promove a participación do audiovisual galego no mercado Ventana Sur, que se celebra a partir de hoxe e ata o 3 de decembro en Bos Aires, mediante o apoio á presenza neste encontro de cinco empresas produtoras que procurarán iniciativas de negocio a través do contacto con outras compañías, axencias de vendas e distribuidoras de toda a área latinoamericana.

Nós Produtora Cinematográfica Galega, Xamalú Films, TV Siete, Formateo S.L. e Ficción Producciones compoñen, xunto á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), a delegación galega desprazada en misión comercial á capital arxentina.

A acción forma parte do plano de internacionalización do audiovisual galego da Consellería de Cultura e Educación, que conta co apoio económico do Igape, ao abeiro do acordo establecido con este organismo da Consellería de Economía e Industria.

A representación das produtoras audiovisuais galegas establecerá deste xeito contactos de cara á coprodución de proxectos, busca de novos formatos de traballo e comercialización de producións. Pola súa banda, a Xunta de Galicia desenvolverá actividades institucionais de cara a reforzar as relacións con organismos oficiais e cos distintos festivais de cine que estarán representados.

Ademais, durante a celebración do mercado difundirase o catálogo Films from Galicia, que recolle as últimas producións e os proxectos máis inmediatos do audiovisual galego, así como a publicación Ways to Film, realizada para a promoción exterior de Galicia como escenario de rodaxe.

Mercado de referencia
Ventana Sur é o mercado de cine latinoamericano de referencia, promovido polo Instituto Nacional de Cine Arxentino (INCAA) en colaboración co Marché du Film de Cannes e o programa MEDIA da Unión Europea. Desde a súa fundación en 2009, cada ano congrega 1.800 persoas profesionais do sector, 300 delas acreditadas como compradoras procedentes dos cinco continentes.

Ademais de actividades de carácter comercial e do establecemento de relacións profesionais estratéxicas para o desenvolvemento de futuros proxectos, o encontro ofrece a oportunidade de asistir a talleres, mesas redondas, master class e conferencias que contan coa participación de expertos e expertas de prestixio internacional.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas