GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Consello da Cultura Galega asinou un convenio coa Universidade de São Paulo para realizar actividades conxuntas

(29/11/2012)

O Consello da Cultura Galega asinou un convenio coa Universidade de São Paulo para realizar actividades conxuntas

Redacción, Santiago - Crónicas da Emigración
 28 Novembro 2012

O presidente do Conselo dá Cultura Galega, Ramón Villares, asinou un convenio de cooperación coa Universidade de São Paulo para a realización de actividades conxuntas e a promoción da cultura galega en Brasil. O convenio foi subscrito por Sergio Adorno, director da facultade de Letras, Filosofía e Ciencias Sociais. No acto estivo presente a profesora Valeria Gil Conde. Ramón Villares, que viaxou a São Paulo para inaugurar o pasado día 21 a exposición 'Valentín Paz-Andrade, unha antena galega no Brasil' na Casa Guilherme de Almeida, participou tamén nunha mesa redonda sobre 'A cultura galega en Brasil', celebrada na sede do Instituto Cervantes en São Paulo.
Sobre 'A cultura galega no Brasil', ademais de Ramón Villares, falaron a escritora Iolanda Zúñiga; a profesora Yara Frateschi Viera, catedrática de Literatura Portuguesa na Universidade de Campinas; e a profesora Valeria Gil Conde, da Universidade de São Paulo.
A sede do Instituto Cervantes en São Paulo acolleu tamén o martes 27 o concerto 'Meu canto', título do álbum co que a cantante galega Uxía celebra os seus 25 anos na música. No concerto estivo acompañada por Sergio Tannus. O álbum foi gravado nos estudos 'Biscoito Fino' de Río de Janeiro. Os actos foron organizados conxuntamente polo Instituto Cervantes e o Consello dá Cultura Galega.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas