GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Luis de Guindos di que no Reino Unido e Italia xa conceden permisos de residencia aos que adquiren unha vivenda

(29/11/2012)

Luis de Guindos di que no Reino Unido e Italia xa conceden permisos de residencia aos que adquiren unha vivenda

lainformacion.com

mércores, 28/11/12

O ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, dixo hoxe que a medida de conceder a residencia aos que compren unha vivenda a partir 160.000 euros, xa se está a aplicar no Reino Unido e Italia e se está "a considerar" en Estados Unidos.
Na sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados, o titular de Economía resaltou que se trata dunha medida aínda en "estudo" e dentro das iniciativas que un grupo de traballo baralla para animar o investimento e, de paso, reducir o parque de vivendas.
A socialista Soledad Pérez denunciou ao ministro que esta medida revela unha "política de inmigración mercantilista, utilitarista e inmoral" que afonda aínda máis na "ruptura social".
Ao seu xuízo, trátase de "promover a compra de permisos de residencia" e dunha "falta de respecto" aos inmigrantes que xa están en España e que pola crise están a ser desafiuzados. A deputada socialista pediulle que "garde esta proposta nun caixón".
Na súa defensa, o titular de Economía dixo que o obxectivo é fomentar o investimento e reducir o exceso de vivendas, e que para iso, existe un grupo de traballo que está a estudar como eliminar "barreiras burocráticas" para os extracomunitarios que querían asentarse en España.
Por último, o ministro dixo que se trata de "unha medida en fase de estudo como moitas outras" pero que xa foi "implantada" no Reino Unido e Italia e outros como Estados Unidos a están a contemplar.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas