GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Galego de Nürnberg e. V. celebrou entre amigos e amigas o seu XX Aniversario

(28/11/2012)

O Centro Galego de Nürnberg e. V. celebrou entre amigos e amigas o seu XX Aniversario

 
 
Mércores, 28.11.2012
  • Con motivo desta celebración publicouse a revista "XX anos do Centro Galego de Nürnberg", que fai un percorrido pola historia da entidade. 

 El público asistente bailó al son de la musica tradicional gallega. Foto: Alejandra Plaza.

 O público asistente bailou ao son da musica tradicional galega. Foto: Alejandra Plaza.

A pasada fin de semana o presidente do Centro Galego de Nürnberg, Gerardo Arias González, daba a benvida a anteriores presidentes da entidade como José Amigo e Ramiro Vieito, aos socios e socias, a diferentes compoñentes da desaparecida banda de gaitas e a presidentes doutros centros e asociacións como o presidente do Centro Español da cidade, Antonio Fernández Rivera, e ás e aos compoñentes do grupo Follas Novas do Centro Gallego de Frankfurt que, arroupados polo seu presidente, José Ramón García, tamén se encontraban entre as persoas asistentes.

Gerardo Arias González foi membro fundador da entidade, vicepresidente, delegado cultural e presidente dende o ano 2009. Durante a súa intervención no acto manifestou a súa alegría por acharse á fronte dunha sociedade destas características. Aínda que recoñeceu que corren tempos difíciles e de austeridade, declarou o seu firme propósito de seguir apostando pola defensa, divulgación, promoción e difusión da cultura galega. Tamén tivo palabras de agradecemento para todas aquelas persoas que puxeron o seu gran de area durante estes anos e, principalmente, para aqueles e aquelas que, lamentablemente, xa non están presentes.

Ramiro Vieito, presidente da entidade dende o ano 1993 ata o 2007, desprazouse á cidade alemá para compartir unha data tan sinalada entre compañeiras e compañeiros de batalla, aproveitando a ocasión para agradecerlles o sacrificio e o traballo realizado durante estes vinte anos para levar a "nave" a bo porto. Destacou, así mesmo, a importancia de manter, fortalecer e agrandar, se cabe, o sentimento de Irmandade, punto clave na existencia desta entidade.

Con motivo desta celebración o Centro Galego publicou a revista XX anos do Centro Galego de Nürnberg na que se resume a historia, as andanzas, os logros, as experiencias persoais e as actividades realizadas durante este tempo. Marta Gonzalvo González, secretaria do centro, foi a responsable do deseño, maquetación e elaboración desta, e nela quíxose plasmar a pegada destes vinte anos de historia. Contouse coas colaboracións especiais da gaiteira Cristina Pato, de Antonio Marino, fundador da rede social Cabozo, Vìctor F. Freixanes, director xeral da editorial Galaxia e Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

O Centro Galego sempre participou e colaborado en eventos gastronómicos e culturais celebrados na cidade, pero coa Banda de Gaitas e os grupos de baile chegaron a traspasar fronteiras, deixando a pegada da nosa terra en países como Holanda, Suíza, Escocia, Italia, Francia ou Inglaterra. Hoxe por hoxe, a tradicional festa do polbo que o centro organiza dende o ano 1993 consegue agrupar algunhas persoas membros da banda para deleite e alegría dos socios e socias, principalmente; nesta ocasión e, unha vez máis, o grupo Follas Novas de Frankfurt, conseguiu mobilizalas e, conxuntamente, sorprender ao público presente cun tradicional e bailable repertorio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas