GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O fotógrafo Jose Romay gaña o concurso "Imaxes con Fondo" cunha serie da inmigración en El Ejido

(23/11/2012)

O fotógrafo Jose Romay gaña o concurso "Imaxes con Fondo" cunha serie da inmigración en El Ejido

 
Venres, 23.11.2012
  • O mozo de 15 anos Xiao Aller, da Estrada, gañou unha cámara réflex ao vencer na categoría xuvenil co retrato dun burro agredido.
  • A entrega de premios do concurso "Imaxes con Fondo" terá lugar o vindeiro 30 de novembro no acto de conmemoración do 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que se celebrará en Santiago de Compostela.
  • A actividade encádrase no Plan de Sensibilización 2012, cofinanciado pola Xunta de Galicia.
 
 
  • Unha das imaxes da serie gañadora asinada por José Romay. Foto: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
    Unha das imaxes da serie gañadora asinada por José Romay. Foto: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Xiao Aller venceu na categoría xuvenil coa foto dun burro agredido. Foto: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
    Xiao Aller venceu na categoría xuvenil coa foto dun burro agredido. Foto: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O fotógrafo Jose Romay vén de gañar o concurso de fotografía Imaxes con Fondo, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Unha serie tirada nunha zona de invernadoiros onde traballan e viven inmigrantes en El Ejido (Almería) mereceulle a este profesional, veciño de Meis, unha viaxe a Cabo Verde para realizar un traballo fotográfico sobre algún dos proxectos apoiados pola entidade organizadora. O mozo de 15 anos Xiao Aller, da Estrada, venceu na categoría xuvenil co retrato dun burro agredido. O premio é unha cámara réflex e un lote de produtos de comercio xusto.

O xurado estaba integrado polos e pola fotoxornalistas Gabriel Tizón, Carlos Puga e Sonia Daponte, a escritora Rexina Vega; a presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, Gema Filgueira; a presidenta do Fondo Galego, Teresa París, e mais unha representante do Concello de Oleiros, Marga Figueroa. Avaliouse non só o contido e a calidade das imaxes, senón tamén o 'tweet' que as acompañaba. "O primeiro mundo cérralle as portas ó terceiro agás para traballar nos sectores máis duros" era o lema das fotografías presentadas por Jose Romay baixo o título Os viaxeiros do Terceiro Mundo. Pola súa banda, o mozo Xiao Aller describía a serie chamada Chegando á casa. O ferido. A ferida deste xeito: "A solidariedade non só se practica con persoas, senón tamén cos animais. Aquí pódese ver un burro ferido que atopamos en Santiago, levámolo para a casa e estámolo curando".

O 15 de novembro pechábase o prazo para concorrer ao concurso Imaxes con Fondo, que rexistrou un total de 7 participantes na categoría xuvenil e 40 na de persoas adultas. 'Cambia, reivindica e constrúe' era o tema deste apartado no que as propostas debían reflectir como determinadas accións das sociedades do Norte inciden negativamente sobre as poboacións do Sur. Na sección para mocidade de entre 13 e 17 anos, co encabezamento 'A solidariedade dá sentido ás nosas vidas', tratábase de amosar accións solidarias na nosa contorna.

A entrega de premios do concurso Imaxes con Fondo terá lugar o vindeiro 30 de novembro no acto de conmemoración do 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que se celebrará en Santiago de Compostela. A convocatoria do certame contou coa colaboración da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), a Asociación Provincial de Fotógrafos Profesionais de Pontevedra, a Asociación Provincial de Fotógrafos Profesionais de Lugo, a Agrupación Fotográfica Galega e a Asociación Fotográfica Galega 'Phosgalicia'. A actividade encádrase no Plan de Sensibilización 2012, cofinanciado pola Xunta de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas