GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miras Portugal visita á colectividade española en Bos Aires e Mendoza

(21/11/2012)

Miras Portugal visita á colectividade española en Bos Aires e Mendoza

MANTERÁ VARIAS REUNIÓNS DE TRABALLO, ENTREGARÁ DÚAS MEDALLAS DA EMIGRACIÓN E PARTICIPARÁ NA CONMEMORACIÓN DO 50º ANIVERSARIO DA FEDERACIÓN DE SOCIEDADES ESPAÑOLAS

M.L.C., Madrid -Crónicas da Emigración. 20 Novembro 2012 

O director xeral de Migracións, Aurelio Miras Portugal, visita á colectividade española nas cidades arxentinas de Bos Aires e Mendoza esta semana, entre o martes 20 e o venres 23. Estaba previsto que Miras fose recibido en Bos Aires polo conselleiro de Emprego, Santiago Camba; o cónsul adxunto, Marcos Rodríguez; e o secretario xeral da Consellería de Emprego.

Durante o martes, o director xeral participará nun xantar organizado polo cónsul xeral, ao que teñen previsto asistir representantes do INAES, a Superintendencia de Servizos de Saúde e o PAMI, entre eles o director xeral do PAMI, Luciano di Cesare. Despois, Miras Portugal visitará a Federación de Sociedades Castelás e Leonesas no Centro Burgalés e, a continuación, o Centro Asturiano.

O mércores 21, Miras ten programado, pola mañá, unha entrevista co director nacional de Migracións arxentino, á que acudirá acompañado polo embaixador de España en Arxentina, Román Oyarzún, e o cónsul xeral e participar nun xantar que ofrece o embaixador con representantes dos centros españois.

Pola tarde, inaugurará a exposición "Memoria Gráfica da Emigración" na Asociación Patriótica e Cultural, onde tamén entregará sendas Medallas de Honra á Emigración ao Fogar Galego de Domselaar e ao Fogar Elías Romeu de Temperley e acabará a xornada participando na cea de conmemoración do 50º aniversario da Federación de Sociedades Españolas.

O xoves 22, Miras desprazarase á cidade de Mendoza, onde será recibido no aeroporto polo cónsul xeral, Manuel Fairén Sanz, e o encargado da axenda na Sección de Emprego en Mendoza, Pablo Franco. Nesta cidade, o director xeral manterá unha reunión de traballo co ministro de Traballo, Xustiza e Goberno da provincia de Mendoza, Félix González, na sede do Ministerio; visitará o Hospital Español de Mendoza, reunirase cos presidentes das entidades españolas, o Consello de Residentes Españois (CRE) e o cónsul xeral na Sección de Emprego e Seguridade Social e participará no xantar ofrecido polo cónsul na Adega Sétima, do Grupo Codorniú. Pola tarde visitará o Centro Asturiano de Mendoza, onde será recibido pola súa presidenta, María Rosa Suárez, e regresará a Bos Aires.

De novo na capital arxentina, o venres 23, Miras celebrará unha reunión con pensionistas contributivos e asistenciais na sede da Embaixada; acompañado polo embaixador de España visitará a Lexislatura Porteña no salón "San Martín", onde recibirá o galardón de visitante ilustre; visitará o Centro Galego, onde recibirá ao interventor do INAES, Carlos Lablunda; e, tras un xantar privado, manterá un encontro de traballo co secretario xeral e os xefes de Sección da Consellería de Emprego antes de iniciar o seu regreso a España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas