GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O programa 'Apoio a Nais', da ONGD Ecos do Sur, péchase con dous talleres este sábado

(16/11/2012)

O programa 'Apoio a Nais', da ONGD Ecos do Sur, péchase con dous talleres este sábado

 
 
Mércores, 14.11.2012
  • Cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, está dirixido á integración sociolaboral de mulleres inmigrantes ou emigrantes retornadas que estean embarazadas ou teñan fillos e fillas de ata tres anos de idade.

Ecos do Sur

O programa 'Apoio a Nais', que desenvolve a ong Ecos do Sur dende o ano 2010, segue facilitando recursos para a integración sociolaboral de mulleres inmigrantes ou emigrantes retornadas que estean embarazadas ou teñan fillos e fillas de ata tres anos de idade. Trátase dun servizo de atención integral prestado nas instalacións desta entidade, que inclúe, de xeito completamente personalizado, todos os aspectos imprescindibles para avanzar na inclusión e o empoderamiento das mulleres estranxeiras xestantes ou lactantes. Dende Ecos do Sur, unha entidade que conta con máis de 8.000 usuarios e usuarias na área da Coruña, detectouse que este colectivo é un dos máis afectados pola situación de crise económica, e que a súa especial vulnerabilidade acentúa o risco de exclusión social.

Este mes de novembro conclúe a edición 2012 de 'Apoio a Nais', e faino cun dobre taller que se celebrará o próximo sábado, día 17, no novo local situado na rúa do Aaiún, número 2, baixo (zona Agra do Orzán). En horario de mañá, de 11,00 a 13,00 horas, terá lugar o taller 'Cuestións que necesitas saber durante o teu embarazo', impartido polas matronas do hospital materno Infantil Teresa Herrera da Coruña, Yose del Fraile e Diolitza Cajigal. Nel, as asistentas recibirán información detallada acerca do proceso de xestación, o calendario de probas, a solicitude da epidural e o sistema sanitario español.

Pola tarde a partir das 17,30 h., desenvolverase o taller 'Coidado de menores', que nesta ocasión será impartido polas pediatras Elena Cavanilles-Walker e Carla Gobbato Salve.

A entrada a ambos os dous talleres é libre, aínda que con aforamento limitado, polo que é necesario inscribirse previamente. As interesadas poden apuntarse a través do teléfono 981.150118, ou do correo electrónico ong@ecosdosur.org

'Apoio a Nais' é un programa financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que ofrece asesoramento social en materia de axudas, busca de gardaría, cheque infantil, escolarización e todos os recursos dispoñibles para as nais inmigrantes. Complementariamente, presta servizos específicos de asesoría xurídica: estranxeiría, custodia de menores, pensión alimenticia, etc. As mulleres beneficiarias poden recibir tamén orientación laboral e formación (preparación ao parto, coidado de lactantes...). Realízanse acompañamentos a institucións e mediación intercultural, ademais de poñer a disposición das mulleres que o requiran un servizo de atención psicolóxica.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas