GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Lareira galega de Chile no mes da hispanidade

(13/11/2012)

A Lareira galega de Chile no mes da hispanidade

A asociación de emigrantes realizou diversas actividades durante o mes de outubro

Autor:
La Voz
Data

Outubro foi un mes moi activo para os galegos residentes en Chile. A asociación As Galego celebrou o Día da Hispanidade, iniciou un seminario de bailes galegos, inaugurou unha exposición plástica e presentouse na cidade de Antofagasta.

A festa da Hispanidade foi inaugurada polo embaixador de España, Íñogo de Palacio, o cónsul Juan Serrat e o presidente de Estadio Español, Juan Ignacio Maiza. Ao longo de diferentes casetas, os asistentes puideron degustar algúns dos pratos máis típicos da gastronomía española e escoitar a música tradicional. Na caseta galega cantouse e covó a gaita.

Despois, entre o 16 e 30 de outubro, levou a cabo o seminatio de bailes avanzados galegos, a cargo do profesor Alexandre Fernández Castro, enviado pola secretaria xeral de Emigración da Xunta.Así mesmo, montouse a Expo Arte Lareira Galega coa Primeira Mostra de Fotógrafos, Gravadores e Pintores con raíces en Galicia, que se realizou do 18 ao 31 de outubro, no Salón O Greco de Estadio Español. Participaron María Luisa Blanco , Aurelia Cifuentes, Carlos Dávila, José Domínguez, Lola Losada, Aída Losada, Olga Martínez, Monserrat Puntarelli, Julio Romero , Alberto Rodríguez, Jacqueline Silva e José Silva.

Os días 19, 20 e 21 de outubro, a Lareira Galega viaxou á cidade de Antofagasta, a 1.361 quilómetros ao norte de Santiago, ao peche das actividades hispánicas do Centro Español, presidido por Ramón da Torre Méndez. A Banda e Conxunto de Danzas, percorreron nun pasacalle o Paseo Prat da devandita cidade, fíxose unha presentación aos asociados do centro e outra á comunidade española en xeral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas