GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PP gañou tamén na emigración, cunha abstención do 96,75 %

(02/11/2012)

O PP gañou tamén na emigración, cunha abstención do 96,75 %

Os populares recibiron practicamente os apoios da metade dos electores no exterior que depositaron o seu voto

Autor:
c.p./ X.V./ X.M.R. redacción / La Voz
Data

A emigración non cambiou o resultado das eleccións autonómicas como ocorrera no 2009, cando o PP perdeu un dos seus parlamentarios en Ourense, que pasou a mans do PSdeG.

Nesta ocasión, os populares recibiron practicamente os apoios da metade dos electores no exterior que depositaron o seu voto. As listas do PP obtiveron 6.374 papeletas, vencendo claramente nas catro provincias e sumando o 49,3 % dos votos recibidos desde o estranxeiro. O PSOE quedou como segunda forza en todas as provincias, como ocorreu co voto interior, ao contar con 3.870 apoios (29,9 %), mentres que Alternativa Galega de Esquerda (AGE) superou ao BNG en tan só 14 papeletas, con 617 votos (4,7 %). Destaca o caso de Monforte, onde a pesar de contar cun alcalde do BNG, AGE fíxose con practicamente o 90 % dos votos destinados a formacións nacionalistas.

O Bloque sumou 603 papeletas en toda Galicia (4,6 %) e superou ás candidaturas da coalición liderada por Xosé Manuel Beiras en Lugo e Ourense, aínda que nesta última provincia a terceira forza resultou ser o partido de Mario Conde, con 144 adhesións. A formación do ex banqueiro contou en Arxentina co apoio do militante do PP Alfredo Enríquez Badas, que chegou a ser candidato en Bande, e que agora optou por Conde ao asegurar que «é a pera limonera».

 

Abstención do 70 % no 2009

En todo caso, o máis destacado respecto ao voto exterior, que onte foi contabilizado nas catro provincias, foi a baixa participación que finalmente rexistrou. Aínda que 30.526 electores solicitaran votar previamente, trámite denominado voto rogado e que afectaba por primeira vez ás autonómicas galegas, só enviaron as súas papeletas ou votaron presencialmente nos consulados 12.926, é dicir o 3,25 % dos emigrantes galegos con dereito a voto. O resto, 384.456 (96,75 %), ou non rexistraron a súa inscrición previa, ou non a utilizaron finalmente. Nas eleccións autonómicas do 2009, nas que non existía o voto rogado, participaron 101.708 emigrantes, o 30,3 % do censo exterior existente naquel momento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas