GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A xustiza arxentina determinou a intervención total do Centro Galego de Bos Aires

(30/10/2012)

A xustiza arxentina determinou a intervención total do Centro Galego de Bos Aires

Mariana Ruiz, Bos Aires -Crónicas de la Emigración 29 Outubro 2012


O Xulgado Nacional de Primeira Instancia no Comercial, a cargo do xuíz Eduardo Malde, dispuxo a intervención total do Centro Galego de Bos Aires.

Tras homologar, recentemente, o concurso preventivo da Fundación Galicia Saúde, a xustiza comercial ordenou agora apartar de xeito definitivo a comisión directiva, que encabezada por Marta Donsión, codirixía o nosocomio do Centro Galego, conxuntamente co contador Carlos La Blunda, interventor do Instituto Nacional de Asociativismo e Economía Social (INAES).

Con esta decisión, La Blunda quedou a cargo da xestión total do hospital e, o xoves 25, Marta Donsión e os demais integrantes da comisión directiva presentes no lugar foron instados pola Policía Federal a retirarse do edificio de Belgrano e Pasco.

Cabe recordar que o INAES fíxose cargo da entidade previa solicitude dos propios dirixentes do Centro Galego de Bos Aires. O acordo -informara no seu momento a expresidenta do Centro- contemplaba, entre outras cousas, o pago de salarios de médicos e traballadores do sanatorio por parte do INAES e nesta dirección, o Instituto designou a Carlos La Blunda interventor e coadministrador do Centro Galego para analizar a viabilidade da entidade sanitaria co fin de articular un préstamo para a casa.

Tras coñecerse a decisión, os agora ex directivos do Hospital do Centro Galego non deron declaracións, aínda que transcendeu que o estarían facendo nos próximos días.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas