GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O escrutinio das papeletas do CERA terá lugar o luns día 29

(26/10/2012)

O escrutinio das papeletas do CERA terá lugar o luns día 29

Redacción, Vigo -Crónicas da Emigración 25 Outubro 2012

O escrutinio dos votos emitidos polos galegos no exterior para as eleccións autonómicas do pasado 21-Ou terá lugar este luns, 29 de outubro, despois de que a Xunta Electoral competente constitúase en mesa electoral, a partir das oito da mañá, cos interventores que para tal efecto designen as candidaturas concorrentes.

O presidente da mesa será o encargado de introducir na urna os sobres de votación dos residentes ausentes recibidos ata ese día e corresponderá ao secretario anotar os nomes dos votantes na correspondente lista.

Acto seguido, a xunta procederá a escrutar os votos e incorporar os resultados ao escrutinio xeral.

Á espera de coñecer o número exacto de galegos na diáspora que puideron exercer o seu dereito ao voto nas eleccións autonómicas do pasado domingo, sábese que o número de solicitudes aceptadas ascendeu a 30.526, das cales, 10.184 corresponden á provincia da Coruña; 5.645 a Lugo; 6.998 a Ourense e 7.699 a Pontevedra.

Tendo en conta que a cifra de galegos inscritos no CERA para estes comicios ascendía a 397.284 persoas, a porcentaxe de solicitudes quedou por baixo do 10% do censo. Concretamente foi do 7,6%.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas