GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xustiza resolverá 425.000 solicitudes de nacionalidade antes de Nadal

(26/10/2012)

Xustiza resolverá 425.000 solicitudes de nacionalidade antes de Nadal

lainformacion.com/ xoves, 25/10/12 

Madrid, 25 oct (EFE).- O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, anunciou hoxe a resolución de 425.000 expedientes de nacionalidade por residencia, que acumulaban un atraso de tres anos, antes do próximo 31 de decembro.

Isto será posible grazas a un plan intensivo de dixitalización, impulsado polo Ministerio de Xustiza en colaboración co Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e o Colexio de Rexistradores.
Durante unha visita ao centro de dixitalización dos expedientes de nacionalidade do Ministerio de Xustiza, Ruiz-Gallardón explicou que cando chegou ao Departamento había 425.000 expedientes de nacionalidade por residencia "parados", un volume "altísimo" que comezou a incrementarse en 1995 e que desembocou na "saturación material" dos arquivos da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado.
A resolución deses expedientes chegou a acumular un atraso de tres anos, que se ían incrementado, xa que se ían resolvendo menos expedientes dos que entraban no Ministerio.
O titular de Xustiza sinalou que esta situación era "inadmisible" porque detrás de cada expediente administrativo hai persoas que fixeron o máis duro que alguén pode facer na súa vida, ante a necesidade de prosperar e mellorar, que é abandonar as súas raíces, a súa nación, a súa terra e, en moitos casos, a súa lingua.
Ruiz-Gallardón recordou que, nestes tempos de crises, nos que non se fai "unha análise histórica do que este país lle debe á inmigración", os estranxeiros deron o mellor de si mesmos para que España sexa un país competitivo e sexa capaz de converterse nunha das grandes potencias económicas da Unión Europea.
A conversión dos documentos físicos en dixitais, con todas as garantías da lei mantendo sempre a tutela e a autoría pública do expediente, permitirá resolver os 425.000 expedientes de nacionalidade por residencia antes do 31 de decembro deste ano.
Os 425.000 solicitantes han de ter "unha resposta áxil, moderna e dixitalizada", que na inmensa maioría dos casos será positiva e que xerará trámites posteriores, apuntou Ruiz-Gallardón.
En poucos meses, desde finais de xullo, comezáronse a dixitalizar máis de 210.000 expedientes que xa están transformados en copias electrónicas, dos que 97.000 foron asinados electrónicamente e remitidos á pertinente base de datos.
Entre as solicitudes pendentes figuran máis de 77.500 procedentes de Marrocos, 70.000 de Ecuador e outras máis de 57.000 de Colombia
No proceso de dixitalización masiva dos expedientes para convertelos en documentos electrónicos traballan 50 persoas con discapacidade procedentes da Empresa de Control de datos e Servizos da Fundación ONCE (FUCODA), en colaboración co CERMI.
O ministro de Xustiza recoñeceu que grazas ao "afán de superación" destes profesionais conseguiuse unha notable redución do prazo de resolución dos expedientes e, xa que logo, "da espera daqueles cidadáns pendentes dunha resposta da Administración". EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas