GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

18-19 na Illa de San Simón: II Seminario Internacional “Emigración e exilio nos EE.UU.: Experiencias de Galicia e Açores”

(19/10/2012)

18-19 na Illa de San Simón: II Seminario Internacional “Emigración e exilio nos EE.UU.: Experiencias de Galicia e Açores”

 
 
Xoves, 18.10.2012
  • Organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundaçao Luso-Americana para o Desenvolvimento, pretende achegar, de xeito comparado, a realidade de dúas sociedades atlánticas -a de Galicia e a das Azores- a partir da súa relación co novo mundo, que tanto os emigrantes galegos e galegas como as e os azorianos axudaron a construír.

II Seminario Internacional “Emigración e exilio nos EE.UU.: Experiencias de Galicia e Açores”.

O II Seminario Internacional Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: Experiencias de Galicia e Açores celebrarase na Illa de San Simón hoxe día 18 e mañá 19 de outubro, organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundaçao Luso-Americana para o Desenvolvimento. Trátase de considerar, de xeito comparado, aspectos como a integración nas sociedades de acollida, as relacións co mundo do exilio, o impulso de novos medios de comunicación na diáspora e o papel das comunidades emigrantes na diplomacia cultural.

O programa comezou  esta mañá ás 10,00 h. coas intervencións de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Paula Vicente, da Fundaçao Luso-Americana para o Desenvolvimento, Gilberto Rocha (Universidade dos Açores), e Alberto Pena (Universidade de Vigo).

Seguirán dous paneis ao longo da mañá e un a partir das 16´30 h.:

  • O exilio intelectual: os estudos ibéricos na educación superior dos EUA (Alex Alonso-City University of New York; Pilar Damiao-Universidade dos Açores, e Henrique Monteagudo-Universidade de Santiago de Compostela).
  • Emigración e diplomacia cultural (Graça Araújo Fonseca, cónsul de Portugal en New Bedford-EUA; Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Analise e Documentación Internacional-IGADI, e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega).
  • Emigración e integración (Álvaro Borralho-Universidade dos Açóres; José C. Moya-Columbia University of New York; Gilberta Rocha-Universidade dos Açores,; Miguel Santos Rego-Universidade de Santiago de Compostela, e Dulce Scott-Anderson University).

Para o venres 19 quedará o panel Emigración e comunicación (Xosé López-Universidade de Santiago de Compostela; Luís Menéndez Villalba-Televisión de Galicia; Alberto Pena-Universidade de Vigo, e Alexandre Soares, xornalista nos Estados Unidos).

Na organización do seminario colaboran a Fundación Illa de San Simón e a Universidade dos Açores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas