GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os demógrafos alertan do difícil retorno da emigración nova

(17/10/2012)

Os demógrafos alertan do difícil retorno da emigración nova

Nos últimos once anos abandonaron Galicia 391.446 persoas

Autor:
Carlos Punzón
Localidade:
Redacción / La Voz
Data

A emigración volveuse a converter nunha das circunstancias vitais de Galicia. Desde xaneiro do 2002 ata o pasado 1 de outubro, un total de 391.446 residentes na comunidade puxeron rumbo a outras autonomías (226.019) ou directamente cara ao estranxeiro (165.427) á procura de mellores oportunidades. A progresión dos datos dos nove primeiros meses do presente ano, nos que xa se marcharon 26.870 residentes, apuntan a unha cifra final no 2012 que roldará os 36.000 novos emigrados, cantidade semellante á do ano anterior.

E aínda que o volume do éxodo apenas presenta variacións durante a última década, os demógrafos consignan tanto un cambio de perfil laboral do novo emigrante como un descenso na súa idade. Mentres a fuga rexistrada nos anos oitenta e noventa estaba movida fundamentalmente polo despegamento inmobiliario no Mediterráneo e Canarias e a oferta laboral do sector turístico nas mesmas zonas, na actualidade a emigración está protagonizada en maiores porcentaxes por universitarios que buscan no exterior a oportunidade laboral que non atopan na súa terra.

Ademais, se nos últimos anos a marcha cara a outros países era maioritariamente de estranxeiros radicados en Galicia, esa ruta consigna agora un maior volume de nados na comunidade.

«A fuga de mozas é espectacular, pero segue sen haber conciencia colectiva do que vai supor para o futuro de Galicia», advirte Carlos Ferrás, profesor de Xeografía Humana no a Universidade de Santiago. Para o experto, a maioría dos emigrados novos xa non saen cunha idea concreta de volver, «e o perigoso é que se van en idade de asentarse familiarmente, sentimento que se acrecentará nos seus novos destinos cando vexan que na súa terra apenas haberá incentivos para volver».

Diego Varela, profesor de Economía na Universidade da Coruña e estudioso dos movementos demográficos, considera que haberá que seguir a evolución da nova emigración polas súas características particulares, «pero lles custará moito regresar, porque as condicións laborais cada vez son máis pobres aquí e tamén as oportunidades para levantar negocios».

Os dous expertos engaden ás súas advertencias que Galicia entrará nun bucle no que o custo de atención aos maiores será cada vez máis forte. «O Estado pon xa ao ano 9.000 euros por cada xubilado asturiano, porque a súa comunidade xa non recada o suficiente, e en Galicia imos polo mesmo camiño», advirte Ferrás.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas