GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cada día abandonan Galicia 70 mozos de entre 20 e 34 anos

(16/10/2012)

Cada día abandonan Galicia 70 mozos de entre 20 e 34 anos

O censo da comunidade descendeu en 12.258 persoas en doce meses

Autor:
carlos punzón
Localidade:
redacción / a voz
Data

Galicia volveu nun só ano aos niveis de poboación que tiña no 2006. Os últimos doce meses xeraron o peor rexistro poblacional de toda a década para a comunidade ao ter perdido entre outubro do 2011 e o mesmo mes do presente ano nada menos que 12.258 residentes no seu censo.

A demostración de que a comunidade se atopa ante un dos seus maiores problemas, e que se agrava exponencialmente ademais, certifícao o feito de que mentres agora perde 1.021 habitantes ao mes, no ano anterior o seu censo decrecía en 448 cada trinta días, e en cambio entre outubro do 2009 e outubro do 2010 aínda gañaba 67 novos residentes cada mes.

As estimacións de poboación feitas públicas onte polo Instituto Nacional de Estatística fixan o censo de Galicia neste momento en 2.720.243 habitantes, uns 18.000 menos que no 2008, o último exercicio no que creceu o número de residentes na comunidade. Practicamente todas as variables poboacionais aliñáronse negativamente no último ano para que o salto atrás sexa tan drástico.

 

Todo en contra

Hai menos nacementos; o saldo migratorio é por primeira vez negativo no que respecta a entradas e saídas ao estranxeiro, e sobre todo, a emigración xuvenil disparouse de tal forma que o ocorrido no último ano lastrará a evolución poboacional de Galicia durante varios lustros. As cifras do INE constatan que 25.472 mozos de entre 20 e 34 anos abandonaron a comunidade no último ano, é dicir 2.122 ao mes, ou 70 ao día.

A cifra de emigración xuvenil, en todo caso, segue unha evolución xa marcada no ano anterior, xa que entre outubro do 2010 e o mesmo mes do 2011 xa foran 22.504 os residentes das idades citadas que colleran as maletas para reiniciar a súa vida noutra comunidade autónoma ou no estranxeiro.

Como unha nota adversa engadida, por primeira vez o saldo migratorio co exterior é negativo para Galicia. Ao estranxeiro marcháronse nos nove primeiros meses do ano 10.662 persoas, delas 4.109 de nacionalidade española e 6.553 con pasaporte doutros países. Mentres, a chegada desde o exterior reduciuse a 8.177 casos, 2.550 españois e 5.627 estranxeiros.

O baixón que xera no censo a fuga de mozas non causa unha caída maior no volume de poboación ao aumentar practicamente todos os demais grupos de idades, o que denota, en todo caso, o progresivo envellecemento dos galegos.

 

Única alegría

A migración interior (a que se produce entre comunidades autónomas) dá a única alegría ao censo galego, aínda que sexa mínima. Galicia recibiu ata o 1 de outubro 532 persoas máis que as que se trasladaron a súa residencia a outro punto de España. En todo caso, foron 15.675 as persoas que puxeron rumbo cara a outra autonomía.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas