GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro de Documentación das Migracións restablece o servizo de consulta en sala

(01/10/2012)

O Centro de Documentación das Migracións restablece o servizo de consulta en sala

M. L. Clemente, Madrid - 30 Setembro 2012

--------------------------------------------------------------------------------
Los trabajadores del Centro de Documentación, en la nueva sede.

Os traballadores do Centro de Documentación, na nova sede.

O Centro de Documentación das Migracións (CDM) restableceu o servizo de consulta en sala dos seus fondos de arquivo, que durante algúns meses tivo interrompido polo traslado do centro á nova sede, onde, entre outros servizos, ofrece aos investigadores prazas de residencia de luns a xoves a prezos alcanzables, para que poidan aloxarse se chegan de lonxe e aproveitar mellor o seu tempo de estudo, e aparcadoiros para coches, que tan apreciados son en Madrid.

O CDM trasladou o seu domicilio social, xunto coa Fundación 1º de Maio, á que pertence, a un moderno edificio que ocupa o número 6 da madrileña rúa Longares, onde goza de instalacións máis amplas e adecuadas para o seu labor, en tanto que arquivo e centro de investigación, que as anteriores na rúa Areal.

Nas instalacións comúns da Fundación, ademais da residencia e o garaxe, hai diversas salas para reunións, unha sala de lecturas, un salón de actos con capacidade para cento oitenta persoas e cafetería.

Pola súa banda, o Centro dispón dun área de traballo propia, ampla, luminosa e separada das zonas de depósito. Conta con postos especiais dotados para o tratamento de fotografías e a restauración de documentos que están automatizados e conectados á rede, do mesmo xeito que os destinados a descrición archivística e investigación.

Tamén a zona de biblioteca e os depósitos dos arquivos son espazos modernos e están convenientemente equipados para a conservación dos fondos con equipos que, por exemplo, manteñen o nivel de humidade e detectan e sofocan en seco -a auga estragaría os documentos- calquera conato de lume.

Así, o Centro dispón de recursos documentais e infraestruturas que facilitan o acceso aos fondos a quen están interesados na emigración española. Para iso tamén conta cunha web coas novidades archivísticas e informacións sobre as actividades do Centro; corenta e seis instrumentos de descrición da documentación, accesibles a través de internet ou directamente consultables en sala en formato papel e de xeito libre en ambos os casos, sala de consulta para investigadores, postos especiais de consulta para o visionado de documentación audiovisual, tecnoloxía para a reprodución dos documentos en diversos soportes e depósitos de arquivo adecuados para a preservación dos fondos documentais actuais e con capacidade para futuros ingresos, que albergan calquera tipo de documentos ou obxectos relacionados coa emigración española.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas