GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O DOG publica os convenios de Igualdade para as casas de acollida, programas contra a trata e servizo de teletradución para os CIM

(28/09/2012)

O DOG publica os convenios de Igualdade para as casas de acollida, programas contra a trata e servizo de teletradución para os CIM

 
 
Venres, 28.09.2012
  • Supoñen un orzamento de 230.000 euros destinados á rede galega de acollemento a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores e de 269.000 euros para o programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución ou trata con fins de explotación sexual.

Xunta de Galicia

O DOG publica hoxe os convenios de colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade relativos ao mantemento das casas de acollida para mulleres vítimas de violencia, ao programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución ou trata con fins de explotación sexual e á instalación dun servizo de teletradución a 51 idiomas nos centros de información á muller, que foron asinados durante o segundo cuadrimestre deste ano.

O alcance dos convenios coas casas de acollida abrangue a toda a rede galega de acollemento, integrada por cinco casas de titularidade municipal, localizadas na Coruña, Culleredo, Ferrol, Lugo e Ourense. Estes convenios da Secretaría Xeral da Igualdade cos respectivos concellos, publicados hoxe no DOG, garanten o funcionamento dos centros de acollida de titularidade municipal mediante a achega dun orzamento de 230.000 euros, destinados a financiar os gastos de funcionamento e de persoal, formado por psicólogas, avogadas, traballadoras sociais e educadoras sociais.

Esta rede de acollemento supón un espazo de protección para as vítimas ante a situación de indefensión ou risco, no que residen por un periodo medio de tres meses, prorrogable se as circunstancias así o aconsellan, garantindo un tratamento integral de atención e recuperación para favorecer a normalización e a superación dos efectos da violencia.

Programa contra a trata de mulleres con fins de explotación sexual
O segundo grupo de convenios publicado hoxe no DOG refírese ao programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución ou trata con fins de explotación sexual, que financia Igualdade cun orzamento para este ano de 269.000 euros, destinado ás nove entidades e ONGs que traballan en Galicia neste ámbito.Trátase de Cruz Vermella, os Centros Vagalume e Alumar de Cáritas de Santiago e de Ourense, o Centro O Mencer das Oblatas de Ferrol, Adoratrices de Ourense, a Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), Médicos del Mundo, a Asociación Ecos do Sur e a Asociación Faraxa.

Estes convenios dan continuidade ao programa iniciado en 2010, no marco do protocolo asinado entre a Xunta e a Fiscalía Superior de Galicia, para reforzar e ampliar os servizos que cada unha destas entidades xa presta a estes colectivos de mulleres.

Teledradución a 51 idiomas nos CIMs
Asemade, o DOG publica outra serie de convenios, sen contido económico, entre Igualdade e un grupo de concellos para incorporar nos seus centros de información á muller un servizo de teletradución a 51 idiomas, cuxo custo asume Igualdade. Dende a posta en marcha deste servizo hai agora un ano, un total de 57 CIMs en Galicia prestan xa esta atención multilingüe para usuarias estranxeiras.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas