GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal exhibirá 31 producións no seu X aniversario

(25/09/2012)

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal exhibirá 31 producións no seu X aniversario

 
Martes, 25.09.2012
  • 31 películas compoñen a selección oficial da X edición do Festival Amal, que se celebrará en Santiago do 14 ao 20 de Outubro.

Festival Amal 2012.

Un total de 31 películas foron elixidas para formar parte do programa da X edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, dirixido por Ghaleb Jaber Martínez, e organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, que volverá a celebrarse en Compostela entre o 14 e o 20 de Outubro de 2012.

Son 31 películas as que compoñen un programa no que non faltarán curtos e longos de ficción e documentais. Todos eles de temática euroárabe. Cabe destacar este ano a importante presenza de coproducións euroárabes. A selección oficial reúne tamén un gran número de films procedentes de Exipto, Francia, Bélxica, Palestina, Alemaña, Emiratos Árabes Unidos e España.

Para a selección desta trintena de films, levouse a cabo un laborioso proceso de visionado por parte dun equipo de profesionais do audiovisual entre os que se encontraban dous alumnos da USC. Este xurado de preselección encargouse de ver e analizar cada unha das 700 películas presentadas ao festival, de entre as que finalmente foron elixidas 31. O director do Festival, Ghaleb Jaber Martínez, comentou que a devandita selección "foi un proceso complicado, posto que a maioría de traballos candidatos excederon as nosas expectativas en canto a número e calidade destes".

As obras seleccionadas serán proxectadas nas sedes do Festival, tanto o Hotel Araguaney coma o Teatro Principal de Santiago de Compostela, durante a semana oficial deste, entre o 14 e o 20 de Outubro. Poden consultarse os títulos na páxina web do Festival (www.festivalamal.es)

Décimo aniversario
O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal celebra este ano a súa X edición, e polo tanto o seu décimo aniversario, polo que serán moitas as actividades que se celebren para conmemorar este aniversario. Ademais das proxeccións, o Festival está organizando actividades paralelas para todos os públicos, que xiran entorno á música, a gastronomía, a danza... En definitiva, á cultura.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas